8 de outubro de 2019

Faise pública a resolución provisional de admitidos e excluídos do proceso selectivo para a contratación dunha persoa para realizar tarefas administrativas nos expedientes de biomasa.

Pódese consultar no arquivo adxunto. 

 

21 de setembro de 2019

No arquivo adxunto pódense consultar as bases do proceso selectivo para a contratación dunha persoa para realizar tarefas administrativas nos expedientes de biomasa. 

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Rois no prazo de 10 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no xornal El Correo Gallego e na páxina web do Concello de Rois.

31 de xullo de 2019

Resolto o procedemento selectivo para a contratación dun/dunha secretario do xulgado de paz para o mes de agosto, no que se contrata a D. Pablo Sánchez García.

A resolución definitiva podese consultar no documento adxunto.

 

23 de xullo de 2019

Faise pública a convocatoria e bases para a contratación de persoal laboral temporal para o posto de secretario/a do xulgado de paz de Rois.

As bases pódense consultar no documento adxunto.

 

 

12 de xullo de 2019, 09:30 

Faise pública a convocatoria e as bases para a contratación de persoal laboral temporal para o posto de secretario/a do xulgado de Paz de Rois.

 

Mércores, 24 de xullo de 2019

Rematado o prazo para achegar documentación e realizadas as entrevistas para optar a dos postos para o condutor de motobomba do Concello de Rois, faise pública a listaxe coas valoracións definitivas.

A resolución da alcaldía con toda esta información detallada pode consultarse no documento adxunto.

Martes, 16 de xullo de 2019

Faise pública a valoración definitiva da fase de méritos e entrevista persoal para o proceso de contratación temporal, mediante concurso, de dous condutores de motobomba para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra o lume forestal.

Deste xeito, o Concello de Rois convoca ao recoñecemento médico ás catro persoas admitidas no proceso. 

Aviso: O recoñecemento médico terá lugar o martes, 23 de xullo, ás 8:00 horas en Athena Prevención (Edificio Área Central, 1ªpranta, local 33H). Deberase levar roupa cómoda e xaxún. No caso de pasar as probas físicas e o recoñecemento médico, levarase a cabo o curso de formación o martes, 23 de xullo, ás 16.00 horas, detrás do Concello de Rois. A parte práctica farase o mércores, 24 de xullo, nas dependencias de Athena.

A resolución da alcaldía con toda esta información detallada pode consultarse no documento adxunto.

 

Martes, 16 de xullo de 2019

Faise pública a listaxe definitiva dos candidatos admitidos e excluídos para o proceso de contratación temporal, mediante concurso, de dous condutores de motobomba para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra o lume forestal. Deste xeito, o tribunal cualificador convoca ás persoas admitidas no proceso o día 18 de xullo de 2019 ás 16.00 horas no salón de sesións do Concello apra levar a cabo a fase de entrevista.

A resolución da alcaldía con toda esta información detallada pode consultarse no documento adxunto.

 

Martes, 10 de xullo de 2019

Faixe pública a listaxe cos candidatos admitidos e excluídos para o proceso de contratación temporal, mediante concurso, de dous condutores de motobomba para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra o lume forestal.

A listaxe pódese consultar no documento adxunto.

 

Xoves, 27 de xuño de 2019

Fanse públicas as bases da convocatoria para  a contratación temporal, mediante concurso, de dous condutores de motobomba para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra o lume forestal, en virtude do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Rois.

As bases pódense consultar no documento adxunto.

Mércores, 24 de xullo de 2019

Rematado o prazo para achegar documentación e realizadas as entrevistas para optar aos postos de un xefe de brigada, un peón e 3 peóns para a brigada de incendios do Concello de Rois, faise pública a listaxe coas valoracións definitivas.

A resolución da alcaldía con toda esta información detallada pode consultarse no documento adxunto.

Luns, 22 de xullo de 2019

Faise pública a valoración definitiva da fase de méritos e entrevista persoal no proceso de contratación de persoal laboral temporal para os postos dun xefe de equipo, un peón condutor e tres peóns de brigada para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra o lume forestal, en virtude do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Rois.

Deste xeito, o Concello de Rois convoca ao recoñecemento médico ás sete persoas admitidas no proceso. 

Aviso: O recoñecemento médico terá lugar o martes, 23 de xullo, ás 8:00 horas en Athena Prevención (Edificio Área Central, 1ªpranta, local 33H). Deberase levar roupa cómoda e xaxún. No caso de pasar as probas físicas e o recoñecemento médico, levarase a cabo o curso de formación o martes, 23 de xullo, ás 16.00 horas, detrás do Concello de Rois. A parte práctica farase o mércores, 24 de xullo, nas dependencias de Athena.

A resolución da alcaldía con toda esta información detallada pode consultarse no documento adxunto.

 

Martes, 16 de xullo de 2019

Faise pública a listaxe definitiva de admitidos no proceso de contratación de persoal laboral temporal para os postos dun xefe de equipo, un peón condutor e tres peóns de brigada para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra o lume forestal, en virtude do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Rois.

Deste xeito, o tribunal cualificador convoca ás persoas admitidas no proceso o día 18 de xullo de 2019 ás 16.30 horas no salón de sesións do Concello apra levar a cabo a fase de entrevista.

A resolución da alcaldía con toda esta información detallada pode consultarse no documento adxunto.

 

10 de xullo de 2019

Faise pública a corrección da listaxe de candidatos admitidos e excluídos para o proceso de contratación de personal laboral para a creación dunha brigada de prevención e defensa contra o lume forestal. 

A listaxe pódese consultar no documento adxunto

 

9 de xullo de 2019

Faise público a listaxe de candidatos admitidos e excluídos para o proceso de contratación de personal laboral para a creación dunha brigada de prevención e defensa contra o lume forestal. 

A listaxe pódese consultar no documento adxunto

 

27 de xuño de 2019

Fanse públicas as bases para a contratación de persoal laboral temporal para os postos dun xefe de equipo, un peón condutor e tres peóns de brigada para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra o lume forestal, en virtude do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Rois.

As bases pódense consultar no documento adxunto.

25-04-2019

A Cualificación final do proceso selectivo da praza vacante de Técnico/a de Normalización Lingüística pódese consultar no documento adxunto. No mesmo figura tamén a plantilla coas respostas do segundo exercicio.

24-04-2019

A Cualificación do tribunal e puntuación do primeiro exercicio dos aspirantes para cubrir a praza vancante de Técnico/a de Normalización Lingüística, pódese consultar no documento adxunto. No mesmo figura tamén a plantilla coas respostas do primeiro exercicio

 

23-04-2019

O xurado procedeu hoxe a valorar os méritos dos aspirantes ás probas selectivas para cubrir a praza vacante de técnico de normalización lingüística, que se pode consultar no documento adxunto.

 

16-04-2019

Publicación no BOP da lista definitiva de admitidos, composición do tribunal cualificador e fixación de datas e lugar do primeiro e segundo examen, para a cobertura dunha praza de técnico de normalización lingüística. O anuncio pódese consultar no Boletín Oficial da Provincia (preme neste enlace) e no arquivo adxunto

 

25-03-2019

Listaxe de admitidos provisionalmente no procedo de selección dun técnico/a de normalización lingüística. Ver arquivo adxunto

 

8-02-2019

Convocatoria e bases publicadas no BOP (preme aquí) e no BOE (preme aquí)

Impresos adxuntos: Solicitude de praza de técnico/a de normalización lingüística e declaración xurada.

Prazo de presentación de solicitudes: do 9 ao 28 de febreiro de 2019