20191002 Martin BouzasRois volve ter un ciclista profesional tras a exitosa traxectoria de Suso Blanco Villar. As novas xeracións veñen pisando forte e por iso Martín Bouzas (1997) xa forma parte do ciclismo profesional. Tras dúas temporadas no Equipo Lizarte, o Equipo Kern Pharma fichou ao veciño roisense como unha das apostas fortes para a próxima tempada 2020.

Tras gañar catro medallas no Campionato de España CRI sub23, Martín Bouzas deu o salto ao ciclismo profesional da man do Equipo Kern Pharna, división do UCI Continental posta en marcha pola Asociación Deportiva Galibier. Bouzas competiu as últimas dúas temporadas baixo o Equipo Lizarte, onde, segundo o director deportivo da Asociación Galibiar, demostrou “saber traballar e ter potencial de gran corredor ao ser capaz de rodar e subir cos mellores”.

O propio Martín asegura que “sempre foi un ciclista con boas cualidades, forza e bos cronos”, aínda que “lle faltaban puntos de regularidade e confianza”, algo que atopou no Equipo Lizarte gracias á “piña” que se formou entre o equipo técnico e os corredores. Con só 22 anos, este veciño de Rois está moi ilusionado de dar este paso e con ganas de traballar para que “o crecemento de ciclistas e equipo sexa recíproco e compartido”.