20190627 apertura imserso

Os pensionistas de Rois xa coñecen a data para presentar ou renovar as súas solicitudes ao programa de turismo do Imserso. Para poder aproveitarse das ofertas que propón o Instituto de Maiores e Servizos Sociais, deberán inscribirse no departamento de Servizos Sociais do Concello antes do vindeiro martes, 9 de xuño, en horario de mañá, de 09.00 a 14.00 horas (os mércores non se atende) ou nas oficinas de Urdilde o martes e xoves de 09.00 a 11.00 horas. Desta forma, os beneficiarios poderán gozar coas viaxes que organizan a destinos de toda a xeografía española.

Para poder adherirse ao programa hai que ser pensionista, ou formar parte dun dos grupos de pensionistas que se sinalan nas bases da convocatoria (preme aquí para consultar os requisitosque establece o Ministerio ). Ademais, as persoas usuarias poderán ir acompañadas polo seu cónxuxe, ou no seu caso, pola parella de feito ou persoa coa que constitúa unha relación. Tamén poderán ir acompañados de fillos ou fillas se teñen un grao de discapacidade superior ao 45% e compartindo habitación

O prazo para presentar as solicitudes no departamento de Servizos Sociais de Rois remata o vindeiro martes, día 9 de xullo.

A iniciativa do Imserso permite aos pensionistas coñecer distintos puntos da xeografía española, chegando incluso aos arquipélagos baleares e canario. Desta forma, os destinos turísticos englóbanse en: zona costeira peninsular (Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana), zona costeira insular (Illas Baleares e Canarias) e turismo de interior. Ademais, o Imserso fai públicos os prezos de cada estadía, que se poden consultar na súa páxina web (preme aquí para dirixirte aos prezos).

As persoas participantes non se terán que preocupar de ningunha cousa, pois os viaxes organízanse con todas as comodidades. Entre os servizos dispostos inclúense:

  • Aloxamento en réxime de pensión completa, en habitación dobre a compartir ou individual segundo dispoñibilidade. En capitais de provincia o aloxamento será de media pensión.
  • Transporte de ida e volta dende capital de provincia.
  • Póliza de seguros colectiva.
  • Servizo de medicina xeral, complementario da Seguridade Social.
  • Programa de animación socio-cultural. 

Para máis información pode dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Rois (no teléfono 981 80 41 09) ou as oficinas de Urdilde no 981 80 51 35.