Atención, abrir en una nueva ventana.O Concello de Rois conta cun Servizo de Normalización Lingüística (SNL), unha unidade técnica de traballo a disposición de todos os veciños e veciñas. Este servizo nace coa idea de incrementar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos do termo municipal: administración, particulares, empresas e asociacións.

Co SNL o Concello de Rois quere amosar o seu compromiso co idioma propio e oficial de Galicia, prestándolle atención especial ao proceso de normalización lingüística. Así, a través da galeguización dos seus servizos e botando a andar programas dirixidos ao conxunto da poboación tentará conseguir a implicación de todos os colectivos.

Os obxectivos principais do SNL son:
-incrementar o uso e o prestixio social da lingua
-contribuír á galeguización da administración local 
-mellorar a calidade das producións lingüísticas, tanto escritas coma orais

As funcións do SNL divídense en tres eixes fundamentais:

Asesoramento:
-corrixir e traducir textos breves ao galego
-resolver consultas lingüísticas e terminolóxicas
-deseñar modelos de documentos (solicitudes, actas, cartas, invitacións etc)
-informar sobre dereitos e deberes
-informar sobre recursos bibliográficos (dicionarios, manuais, páxinas web etc)
-xestionar subvencións e axudas para impulsar o uso do galego

Formación:
-difundir materiais divulgativos e de apoio (lexislación, glosarios, láminas etc)
-xestionar cursos de lingua galega, xerais e específicos
-colaborar no deseño de programas de formación non lingüística co fin de garantir a presenza do galego

Dinamización:
-desenvolver campañas encamiñadas a promover o uso da lingua galega nas actividades cotiás da cidadanía en todos os ámbitos
-recoller e apoiar as iniciativas que xurdan no concello e que teñan como obxectivo fomentar o uso do galego
-coordinar persoas e entidades do municipio interesadas no proceso de normalización lingüística 
-organizar actividades con outros servizos de normalización lingüística

Para a creación e mantemento deste Servizo de Normalización Lingüística, o Concello de Rois conta con financiamento da Deputación da Coruña e da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Se ten algunha dúbida ou desexa obter máis información estamos ao seu dispor nas oficinas do Concello (2º andar) en horario de 9.00 a 14.00.
Tamén pode chamarnos ao teléfono 981 804 109 ou enviarnos unha mensaxe ao enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Este servizo creouse en virtude da subvención que a Deputación da Coruña lle concedeu ao Concello de Rois.