Rematou un longo primeiro día de viaxe para participar no intercambio cultural-musical entre a Escola Municipal de Música de Rois, o Instituto Comprensivo Franca Ongaro e o Liceo Classico Marco Polo (Liceo Musical de Venecia). Tras chegar ao mediodía de hoxe a localidade italiana, os directores dos dous centros anfitrións (Vittore Pecchini e Roberto Sintini, respectivamente), o director da Orquesta do Liceo (Paolo Favorido), profesorado e familias italianas ofreceron unha recepción a comitiva de Rois no Liceo Musical de Venecia, no que todos os asistentes se foron presentando e intercambiando as primeiras impresións para conocerse un pouco mellor. Despois do xantar, cada un dos alumnos participantes marchou xa coa súa familia de acollida e puideron dar unha primeira volta polas rúas de Venecia e de Lido de Venecia, as dúas illas nas que se aloxan os participantes neste encontro, que continuará toda a semana. Aquí vos deixarmos unhas imaxes da viaxe, que incluíu avión, autobús e vaporeto, e dos primeiros contacto entre ambos os dous grupos.