ROIS VIAXA CON ROSALÍA DE CASTRO

Velaquí o cartel do programa que o Concello de Rois deseña para a conmemoración do 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
Ás 13.00h representantes municipais de Terras de Iria, así como Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, acompañados doutras entidades da comarca, realizarán unha ofrenda floral na estatura de Rosalía de Castro en Padrón.

Ás 19.00h no auditorio municipal de Rois, terá lugar a función "A viaxe de Rosalía" que, a través do teatro actoral e de títeres fai un percorrido pola vida e obra da autora.
A biblioteca pública municipal terá exposto ao longo de todo o mes, unha selección de títulos da autora e doutros autores galegos.
E o propio día teremos tamén algunha outra sorpresa preparada en homenaxe á gran escritora galega.

Adjuntos:
Descargar este archivo (2017_0000001381.pdf)Descargar Pdf