• Quedaron ratificados definitivamente o Regulamento Orgánico da Corporación, a desafectación dun camiño en Liñares e o convenio con Aluminios Cortizo

      • A ordenanza para a concesión de licenzas de taxi foi ratificada por unanimidade

 O Concello de Rois aprobou hoxe nun pleno extraordinario o orzamento municipal para o presente exercicio, que ascende a 3,7 millóns de euros. Na sesión, quedaron ratificados definitivamente o Regulamento Orgánico da Corporación, a desafectación dun camiño en Liñares e o convenio con Aluminios Cortizo, ademais da conta xeral de 2018. Por unanimidade, quedou aprobada inicialmente a ordenanza para a concesión de licenzas de taxi e vehículos de aluguer (vídeo íntegro da sesión neste enlace)

Rois incrementa este ano os orzamento, en algo máis do dous por cento respecto do ano pasado. Dos 3,7 millóns de euros, destinará 616.807 a inversións reais e 1,85 millóns a bens correntes e servizos que dende o Concello se prestan á veciñanza. Os gastos de persoal representan un millóns de euros, unha partida que se incrementa lixeiramente, debido a municipalización do servizo de axuda no fogar, para o que se contratarán seis novas traballadoras. Para gastos financeiros só están contemplados 2.200 euros e 140.000 para transferencias correntes

No apartado de ingresos, o Concello de Rois recibirá 1,77 millóns de transferencias correntes procedentes doutras administracións, sendo esta a partida máis importante. Por impostos directos está previsto recibir 828.000 euros e outros 450.000 de impostos indirectos, así como 389.000 de taxas e outros ingresos. En operacións de capitán están consignados 257.990 euros.

O orzamento aprobouse cos votos a favor do PP (7) e en contra do PSOE (3). 

A aprobación da conta xeral de 2018 tamén foi aprobada cos votos do equipo de goberno e a abstención dos socialistas.

Por unanimidade aprobouse inicialmente a ordenanza fiscal reguladora da taxa por concesión de licenzas de taxi e demais vehículos de aluguer. Rois conta actualmente con catro licenzas de taxi, e está previsto ofertar dúas ou tres máis, algunha delas para vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida, segundo explicou o alcalde. 

Con esta ordenanza pretende regular non só a nova concesión, senón tamén a transmisión das actuais licenzas. A norma, que se someterá a exposición pública, establece unha taxa de 300 euros para a concesión de novas licencias, de 150 para a transmisión en caso de falecemento do titular, e de 1.500 se a transmisión se fai en vida.

A aprobación definitiva da desafectación dun camiño en liñares foi aprobada con 8 votos a favor (o PP e o socialista José Manuel Iglesias) e os votos en contra dos socialistas Manuel Regueira e Patricia Ces, que amosaron as súas dúbidas sobre como se desenvolveu este procedemento.

O convenio con Aluminios Cortizo foi aprobado definitivamente por unanimidade da Corporación, mentres que o Regulamento Orgánico da Corporación saiu adiante cos votos do equipo de goberno e en contra do grupo socialista.

20200212 Pleno Rois web