Familias que asisten regularmente ás actividades bibliotecarias que organiza o Concello de Rois participaron onte á excursión realizada ao Museo de Historia Natural de Santiago. Pequenos e maiores gozaron cos xogos no exterior e tamén descubrindo animais galegos dentro do propio museo.