Vacalouras puxo en escena a obra 'Aprendiza de bruxa' na festa de fin de curso celebrada no auditorio municipal de Rois. O grupo de teatro municipal está dirixido desde os seus inicios, hai 7 anos, pola actriz María Ordóñez, veciña de Rois e membro da compañía profesional Talía Teatro. Conta con grupo infantil e de adultos. A obra 'Aprendiza de bruxa' conta a historia da bruxa Curuxa, que está castigada polos seus pais e como castigo ten que facer unha boa acción: convivir cos humanos. Atoparase con moitas persoas do mundo real que lle axudarán a superar este castigo.