Rematamos a impartición do curso de “Soldadura Tig” no que 13 participantes do Programa Integrado de Emprego Terras de Iria IV, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, recibiron formación para coñecer as distintas técnicas de soldadura, os parámetros de calidade e técnicas do proceso de soldadura TIG.