FSE CONSELLERIA GALICIA

21 setembro 2018

Publicación das puntuacións provisionais dos participantes na oferta do Obradoiro de Emprego Xuventude en Acción 2018. Ver documento adxunto.

Listado de candidatos admitidos como alumnos deste obradoiro de emprego. Ver documento adxunto.

20180925 Obradoiro Emprego 1

 

O Programa Integrado de Emprego Terras de Iria IV, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e cofinanciado polos Concellos de Dodro, Padrón e Rois, continúa a impartir formación. Actualmente están en marcha o Obradoiro de empregabilidade e dinámicas de grupo e os cursos Operacións auxiliares de almacén e Ofimática. Nestes cursos as persoas participantes reciben formación en técnicas de buscade emprego; elaboración de currículos vitae e dinámicas de grupo; operacións auxiliares de almacén como son os pedidos, control de stocks, facturación e ofimática básica.

Entre os cursos que xa remataron están o de Inglés de 100 horas e o de Coaching laboral de 30 horas, que serviron de complemento á formación adquirida no Programa Integrado. Ata o momento impartíronse 22 accións formativas que fan un total de 1.888 horas lectivas, ademais de asinárense convenios de prácticas non laborais con empresas, grazas aos cales o alumnado acadou emprego na empresa onde realizou as devanditas prácticas. Tamén se contactou con empresas de distintos sectores e tramitáronse distintas ofertas de emprego. Xunto coas accións formativas séguense a realizar accións de intermediación e orientación laboral para mellorar a empregabilidade do conxunto de participantes.

Podes ver máis fotos relacionadas con esta nova premendo neste enlace.

 

20180925 Obradoiro Emprego 2