20180913 Certificado Ingles Noemi SoñoraO alcalde de Rois, Ramón Tojo Lens, recibiu a Noemí Soñora Núñez, a moza roisense que obtivo o certificado “pass with merit” (aprobado con méritos) nos exames de inglés de Cambridge English. O rexedor destacou o exemplo desta xove estudante como acicate para que outros alumnos e alumnas do municipio se esforcen por conseguir as mellores cualificacións nos estudos.

Noemí Soñora logrou esta salientable cualificación no exame de Preliminary English nivel B1, sendo a única estudante da comarca de Sar en conseguilo. Dáse a circunstancia de que é alumna das clases de inglés que organiza o Concello de Rois, para as que neste momento está aberta a inscrición de cara ao curso 2018/2019.