20181006 Rois no San Froilan Lugo

Medio cento de veciñas e veciños de Rois están gozando hoxe das festas do San Froilán en Lugo, ao participar na terceira excursión que organizou o Concello, dende o departamento de Cultura, como oportunidade para coñecer Galicia un pouco máis.
Antes de ir a Lugo, organizáronse outras dúas viaxes, unha á Costa da Morte e a outra para coñecer a comarca do Salnés.