20181110 Rois fb

O alcalde de Rois e o xerente do Consorcioi Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social analizaron hoxe as necesidades de ampliación da escola infantil do concello, integrada dna rede autonómica A Galiña Azul, no caso de que nun futuro se produza un aumento da demanda.

Nestes momentos, a escola infantil oferta 38 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos, das que están ocupadas, cunha taxa de cobertura pública no concello do 42%, nove puntos por riba do mínimo recomendado pola Unión Europea.

Este análise fixose durante a visita que o xerente do Consorcio, ;Perfecto Rodríguez, fixo a escola infantil, acompañado polo alcalde, Ramón Tojo; a concelleira Mercedes Basanta, e técnicos da unidade de obras do Consorcio.

No caso de que fose necesario acometer unha ampliación do centro de Rois, empregaríase o modelo de cofinanciamento establecido no Acordo Marco asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Deste xeito, o concello se faría cargo inicialmente dos gastos das obras, que posteriormente asumiría a Administración autonómica.



A Consellería de Política Social, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar que xestiona o centro de Rois, xa levara a cabo nel importantes melloras no mes de xullo de 2016, cun investimento de case 16.000 euros. Esa actuación permitiu por exemplo a instalación de toldos para protección do efecto do calor no patio exterior da escola ou a apertura dunha porta interior de conexión entre aulas.