20181204 Tarxetas Nadal Tribunal

O xurado do concurso de tarxetas de Nadal de Rois resolveu onte que, entre os máis de cen traballos recibidos na convocatoria, sexa o do alumnado de 5º de Infantil do CPI dos Dices o elixido para a felicitación institucional do Concello. Os gañadores nas diferentes categorías deste certame serán agasallados cun lote de libros.


Na reunión mantida onte, martes 4 de decembro, os membros do xurado resolveron outorgar os seguintes premios por categorías:

Categoría A. Alumnado de 1º a 3º de Educación Infantil:
Brais Ínsua Carregal, alumno de 2º de Infantil da Galiña Azul de Rois. 

Categoría B. Alumnado de 4º a 6º de Educación Infantil:
Alumnado de 5º de Infantil do CPI Plurilingüe dos Dices-Rois.

Categoría C. Alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria:
Iria González Ínsua, alumna de 2º de Primaria do CEIP Plurilingüe do Pumar-Urdilde.

Categoría D. Alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria:
Sabela Becerra Vaamonde, alumna de 4º de Primaria do CEIP Plurilingüe do Pumar-Urdilde.

Categoría E. Alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria:
Sergio Otero Sanmartín, alumno de 5º de Primaria do CEIP Plurilingüe do Pumar-Urdilde.

Podes ver os traballos gañadores nesta galería de imaxes.