20190215 Cartel San IsidroO Concello de Rois organiza un concurso de carteis para seleccionar a imaxe oficial das festas patronais de S. Isidro labrador 2019. Poderán participar todas aquelas persoas a partir dos 14 anos feitos antes do 31 de decembro de 2018. A presentación das propostas levarase a cabo de forma presencial, ou por correo postal Samil 1, Oín. 15911 Rois (A Coruña), no Concello de Rois dende o día seguinta á publicación desta convocatoria, ata o día 29 de marzo ás 14:00 horas. Cada participante poderá propoñer 2 carteis como máximo.

As técnicas de confección son libres e contribuirán a enxalzar o municipio de Rois e as súas festas patronais do S. Isidro. O cartel deberá adoptar forma vertical, cunha superficie imprimible de 42x29.7 cm (tamaño A3) e presentarase centrado e montado sobre un cartón pluma de 44x32 cm. Nos orixinais terá que figurar, de forma moi visible e destacada pola disposición e o tamaño das letras, a inscrición en galego: FESTA DE S. ISIDRO LABRADOR 2019

O premio único será de 120,00 euros para o proxecto gañador e poderá declararse deserto polo xurado.

A continuación están as bases completas do concurso.