20190219 Seccion BibliotecaO servizo bibliotecario municipal estrea unha nova sección nos seus fondos co propósito de dar acceso á lectura e á información a toda a poboación.

A Lectura Fácil diríxese a todas aquelas persoas que comparten o gusto pola lectura e, en especial, a aquelas que teñan dificultades lectoras transitorias (inmigración, incorporación tardía á lectura, escolarización deficiente...) ou permanentes (trastornos de aprendizaxe, diversidade funcional, senilidade...).

Velaquí a primeira fase dos fondos que forman esta nova sección, apostamos pola lectura, porque ler é un pracer que permite compartir ideas, pensamentos e experiencias.