20190220 GalicialeA biblioteca pública municipal dispón de recursos dixitais coma os programas EBIBLIODACORUNA ou GALICIA LE. A través destas plataformas, todo o mundo poderá solicitar préstamos dixitais de libros e contidos audiovisuais.

EBIBLIODACORUNA

A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña mellora a plataforma gratuíta de préstamo dixital de libros, películas, audiolibros e outros contidos dixitais das máis variadas temáticas, disponible para todas as persoas usuarias de calquera biblioteca pública da provincia da Coruña.

GALICIA LE

A Xunta de Galicia tamén conta cunha plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas, co obxectivo de facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.

Para máis información, accede á páxina web de EBIBLIODACORUNA e GALICIA LE, e descobre o fácil que é acceder a cultura.