Antequeira Interior PrensaUn total de 56 veciños e veciñas déronse cita para coñecer máis en profundidade e gozar do patrimonio da comarca do Sar guiados polo alumnado que asisten a formación sobre turismo no Obradoiro de Emprego Xuventude en Acción que desenvolveron os concellos de Rois, Padrón e Dodro. Os participantes puideron entrar dentro do Pazo de Antequeira, en Rois, e admirar moitas das pinturas e decoración do mesmo.

A visita, que se realizou o pasado luns, comezou no impresionante convento do Carme de Padrón. Esta construción do século XVIII ofreceu aos asistentes, gracias á súa privilexiada posición, as mellores vistas da vila. A segunda parada foi o Pazo de Faramello, tamén do século XVIII. Esta antiga fábrica de papel situada sobre o río Tinto destaca polas dúas hectáreas de xardíns franceses decimonónicos e a súa arquitectura barroca con influencias italianas. A súa historia, que chega á actualidade, fai deste pazo unha visita obrigada para todo o mundo. A maxia que rodea este lugar namorou aos alí presentes. Este mesmo encanto transmíteo o Xardín do Recordo, con 80 árbores do amor (Cercis) plantadas no exterior do pazo na honra das vítimas do accidente do Alvia.Faramello Facebook

A pesar de que a chuvia ameazou varias veces con poñerlle un toque amargo á mañá, as nubes desapareceron e o sol fixo acto de presencia cando a veciñanza chegou ao Pazo de Arretén. A que fora casa de Rosalía de Castro e un dos sitios máis destacados da historia da literatura galega e da comarca do Sar é agora unha bodega con amplos viñedos ao redor.  Aquí, o alumno de explicar as historia deste pazo incluso se animou a recitar algúns dos poemas da escritora da que se está a celebrar o 182 aniversario do seu nacemento.

O Pazo de Lestrove foi a última residencia de Rosalía de Castro e o berce do Premio Nobel Camilo José Cela. A estancia destas personaxes ilustres nadas na bisbarra fixo que este pazo do concello de Dodro non faltara no percorrido. Este emblemático edificio do século XVI, convertido en hotel, foi unha antiga mansión de recreo dos arcebispos composteláns.

O final chegou co Pazo de Antequeira do concello de Rois. Este paraxe único data do século XVII e, aínda que tanto a súa capela coma a súa arquitectura son dignas dos libros de historia, o seu magnífico xardín é a verdadeira xoia do lugar. Aquí atoparon a faia máis grande de Galicia, entre outras moitas árbores centenarias. A natureza e o silencio fan deste pazo un verdadeiro paraíso.

Foto GrupoGracias á amabilidade da familia á que pertence na actualidade o pazo, os participantes na excursión tamén puideron admirar a parte interior da vivenda, decorada con grandes cadros e mobiliario de época.

Os 10 alumnos e alumnas do Obradoiro de Emprego Xuventude en Acción foron os encargados de ilustrar cada recuncho visitado, así como contar algunha que outra lenda nos traxectos en autobús. O alumnado mostrou as súas grandes dotes oratorias, e todos os coñecementos que aprenderon sobre a comarca nos 6 meses de formación en turismo que reciben no obradoiro de emprego. Pero sobre todo, ensinaron aos presentes a recoñecer un verdadeiro pazo co refrán “Casa grande, capilla, palomar y ciprés, pazo es”.