20190322 clausura obradoiro turismoOs alcaldes dos concellos de Rois, Padrón e Dodro clausuraron esta mañá o Obradoiro de Emprego Xuventude en Acción 2018, no que dez mozos e mozas formáronse na especialidade de promoción turística local e información ao visitante durante os últimos seis meses. No acto, os tres mandatarios recordáronlles que o turismo está en auxe e animáronnos a emprender, a crear empresas para aproveitar as oportunidades que están a xurdir. Tras recibir os seus diplomas, o alumnado presentou os traballos e guías que estiveron preparando durante a súa formación.

Ramón Tojo, alcalde de Rois, recordou que o traballo que estiveron a facer durante o obradoiro redundará en beneficio da veciñanza, ao tempo que lles recordou que este tipo de iniciativas tamén favorece a xuventude, pois ademais de mellorar a súa formación, permítelles cobrar un salario durante a duración do obradoiro.

Antonio Fernández Angueira, rexedor de Padrón, mostrou a súa confianza en que os dez participantes neste obradoiro de emprego “poderedes traballar no sector turístico. Tedes unha grande oportunidade, porque sodes un grupo unido e o primeiro que se forma neste sector na comarca”. Fernández si lles recordou á mocidade a importancia de reforzar o coñecemento e a fala de diferentes idiomas.

Valentín Alfonsín, alcalde de Dodro, animounos a poñer en marcha algunha iniciativa empresarial. “A Xunta está potenciando o Xacobeo 21, e de aí van saír moitas oportunidades. O Xacobeo 2021 vai deixar un pouso importante nos anos seguintes, como as olimpiadas de Barcelona ou a Expo de Sevilla. Non deixedes escapar ningunha, porque senón outra persoa virá e a collerá”, lles dixo. Neste senso, Alfonsín recordoulle ao alumnado que hai tres anos en Padrón non existía ningún albergue, “e agora hai oito e están cheos. As vivendas turísticas son outra posibilidade”, en engadiu, tras recordarlle que ademais de buscar traballo en empresas, non descarten a opción do emprendemento e poñan en marchas as súas propias iniciativas empresariais.

O “Obradoiro de Emprego Xuventude en Acción 2018 Rois, Padrón e Dodro” estivo financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola Iniciativa de Emprego Xuvenil do Fondo Social Europeo.

Tras recibir os certificados de profesionalidade, os dez participantes neste obradoiro presentaron o traballo que desenvolveron durante o último medio ano, e no que se inclúen a Guía de Servizos Turísticos Terras de Iria, na que recollen os datos de contacto de restaurantes e aloxamentos turísticos da comarca, así como algunhas das características máis salientables da mesma, coa finalidade de potenciar o turismo na zona.

Obradoiro Xuventude AccionRuta dos pazos deseñada no obradoiro, permite coñecer os pazos da comarca, así como a súa historia e principais características de cada un. Unha guía que utilizaron durante a visita que máis de 50 persoas fixeron para coñecer os pazos de Antequeira, Faramello, A Hermida, Lestrove ou A Retén.

Na guía da Ruta Gastronómica que permite coñecer aqueles lugares máis destacados e relacionados coa gastronomía, da que fixeron tres variantes. Unha ruta desestacionalizada, que permite coñecer Fesba, o muiño da Devsa e o de Valentín, os hórreos da Lavandeira ou a horta ecolóxica de Socastro. A esta engadíronlle dúas variantes, en función da época do ano, unha é a variante da lamprea, que permite coñecer as pesqueiras, e outra a variante do pemento pasa pola nave da pementeira.

Coa Ruta literaria axudan a coñecer a historia de Macías o Namorado, Rosalía de Castrou ou Camilo José Cela, así como a casa museo e a fundación adicadas aos dous escritores; e tamén a de. Eusebio Lorenzo Baleiron, en Dodro, e o pazo do Faramello, que foi fábrica de papel. Esta ruta literaria formou parte dunha visita guiada durante o obradoiro, á que asistiron unhas 60 persoas.

O alumnado tamén documentou e ilustrou tres Rutas de sendeirismo, a das Penicias (en Rois), cunha variante longa (8 Km) e unha curta (4 km); outra ruta que sae do espolón de Padrón de 19 quilómetros de lonxitude que se pode facer en catro etapas e pasa, entre outros polo mirador de Lestrove. En Dodro documentaron unha ruta que pon en valor a arquitectura e o paisaxe do concello.

Os alcaldes dos concellos de Rois, Padrón e Dodro clausuraron esta mañá o Obradoiro de Emprego Xuventude en Acción 2018, no que dez mozos e mozas formáronse na especialidade de promoción turística local e información ao visitante durante os últimos seis meses. No acto, os tres mandatarios recordáronlles que o turismo está en auxe e animáronnos a emprender, a crear empresas para aproveitar as oportunidades que están a xurdir. Tras recibir os seus diplomas, o alumnado presentou os traballos e guías que estiveron preparando durante a súa formación.

Ramón Tojo, alcalde de Rois, recordou que o traballo que estiveron a facer durante o obradoiro redundará en beneficio da veciñanza, ao tempo que lles recordou que este tipo de iniciativas tamén favorece a xuventude, pois ademais de mellorar a súa formación, permítelles cobrar un salario durante a duración do obradoiro.

Antonio Fernández Angueira, rexedor de Padrón, mostrou a súa confianza en que os dez participantes neste obradoiro de emprego “poderedes traballar no sector turístico. Tedes unha grande oportunidade, porque sodes un grupo unido e o primeiro que se forma neste sector na comarca”. Fernández si lles recordou á mocidade a importancia de reforzar o coñecemento e a fala de diferentes idiomas.

Valentín Alfonsín, alcalde de Dodro, animounos a poñer en marcha algunha iniciativa empresarial. “A Xunta está potenciando o Xacobeo 21, e de aí van saír moitas oportunidades. O Xacobeo 2021 vai deixar un pouso importante nos anos seguintes, como as olimpiadas de Barcelona ou a Expo de Sevilla. Non deixedes escapar ningunha, porque senón outra persoa virá e a collerá”, lles dixo. Neste senso, Alfonsín recordoulle ao alumnado que hai tres anos en Padrón non existía ningún albergue, “e agora hai oito e están cheos. As vivendas turísticas son outra posibilidade”, en engadiu, tras recordarlle que ademais de buscar traballo en empresas, non descarten a opción do emprendemento e poñan en marchas as súas propias iniciativas empresariais.

O “Obradoiro de Emprego Xuventude en Acción 2018 Rois, Padrón e Dodro” estivo financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola Iniciativa de Emprego Xuvenil do Fondo Social Europeo.

Tras recibir os certificados de profesionalidade, os dez participantes neste obradoiro presentaron o traballo que desenvolveron durante o último medio ano, e no que se inclúen a Guía de Servizos Turísticos Terras de Iria, na que recollen os datos de contacto de restaurantes e aloxamentos turísticos da comarca, así como algunhas das características máis salientables da mesma, coa finalidade de potenciar o turismo na zona.

Ruta dos pazos deseñada no obradoiro, permite coñecer os pazos da comarca, así como a súa historia e principais características de cada un. Unha guía que utilizaron durante a visita que máis de 50 persoas fixeron para coñecer os pazos de Antequeira, Faramello, A Hermida, Lestrove ou A Retén.

Na guía da Ruta Gastronómica que permite coñecer aqueles lugares máis destacados e relacionados coa gastronomía, da que fixeron tres variantes. Unha ruta desestacionalizada, que permite coñecer Fesba, o muiño da Devsa e o de Valentín, os hórreos da Lavandeira ou a horta ecolóxica de Socastro. A esta engadíronlle dúas variantes, en función da época do ano, unha é a variante da lamprea, que permite coñecer as pesqueiras, e outra a variante do pemento pasa pola nave da pementeira.

20190312 Ruta LiterariaCoa Ruta literaria axudan a coñecer a historia de Macías o Namorado, Rosalía de Castrou ou Camilo José Cela, así como a casa museo e a fundación adicadas aos dous escritores; e tamén a de. Eusebio Lorenzo Baleiron, en Dodro, e o pazo do Faramello, que foi fábrica de papel. Esta ruta literaria formou parte dunha visita guiada durante o obradoiro, á que asistiron unhas 60 persoas.