20190403 Teatro3A compañía Talía Teatro regresou o pasado sábado a Rois coa súa obra A primeira vez, baixo a dirección de Artur Trillo e protagonizada pola roisense María Ordóñez e por Toño Casais. O director versiona ao galego un texto do autor polaco contemporáneo Michal Walczak, un dos expoñentes da nova escena europea.

Na peza abórdanse as relacións de parella e a incomprensión desde unha perspectiva traxicómica, unha proposta á que os seus artífices se refiren como “drama disfrazado de comedia”. Deste modo, a función trata sobre o primeiro encontro íntimo dunha parella, Mada e Carlos e xoga co espectador sen deixar indifirente ao mesmo, para que atope no final toda a lóxica de perfección que buscan as personaxes.

A función foi posible coa axuda de Agadic e do Concello de Rois.