20190720 Bolechas1O pasado sábado 20 de xullo Os Bolechas volveron visitar Rois para pasar un divertido mediodía coa cativada do concello. O Auditorio municipal acolleu a partir das 12 do mediodía ás decenas de familias que se achegaron para gozar do espectáculo “Somos unha gran familia”, no que os nenos e nenas puideron subir ao escenario e participar na propia obra. Deste xeito, os veciños máis cativos do municipio pasaron unha xornada chea de diversión. 

Esta actividade levouse a cabo ao abeiro do programa de dinamización lingüística “FalaRedes” da Xunta de Galicia.