WhatsApp Image 2019 07 22 at 12.19.41

A parroquia de Buxán alzouse co título de campión da décimo quinta edición do Torneo de fútbol-7 Interparroquial Concello da Rois, celebrado no campo da Braña. Nunha apaixonante final, o equipo de Buxán dobregou por 4-2 a Santa María de Oín. No terceiro posto rematou o barrio de Ribasar, tras gañar 3-2 a San Pedro nun encontro que non estivo exento de emoción.

A xornada do domingo comezou coa disputa do quinto e sexto posto, nun espectáculo de goles que rematou cun Herbogo 5-4 San Xoán. Posteriormente, nas semifinais viviuse a vinganza do ano pasado, pois San Pedro, os campións da edición de 2018 enfrontáronse a Buxán, os subcampións desa mesma edición. Nesta ocasión, a parroquia de Buxán garantiu a súa presenza na gran final ao gañar 2-0. Santa María de Oín sería o outro finalista ao gañar 3-0 a Ribasar.

WhatsApp Image 2019 07 22 at 12.19.38

Como aperitivo da final xogouse o terceiro e cuarto posto que se levou Ribasar ao gañar 3-2 a San Pedro. No partido definitivo, ambos os dous equipos saíron en tromba a polo trofeo, máis os de Buxán estiveron máis atinados de cara a porta e leváronse o encontro gañando 4-2 a Santa María de Oín.

Ademais do trofeo aos campións, tamén se repartiron os de máximo goleador do torneo, que se repartiu entre Manuel González, de Santa María de Oín, e Iván Baleirón, de San Xóan, os dous con sete goles ao rematar o campionato. Pola súa parte, o premio ao equipo menos goleado levouno tamén o campión, Buxán, que tan só recibiu catro goles no mesmo número de encontros. Por último, pero non menos importante, o premio á deportividade foi para a parroquia de San Xoán.

Podes mirar todas as imaxes do torneo no Facebook do Concello de Rois, premendo no enlace.

WhatsApp Image 2019 07 22 at 12.19.21