20190813 Obradoiros Garantía Xuvenil 2019

4 de outubro de 2019

Faise público o resultado da entrevista e o baremo provisional de participantes na segunda convocatoria da oferta de mestre de deseño de páxinas web para o obradoiro de emprego Xuventude en Acción.

O período de alegacións son os 7 e 8 de outubro.

As actas pódense consultar nos documentos adxuntos.

 

1 de outubro de 2019

Faise pública a acta extraordinaria do grupo mixto encargado do proceso selectivo do obradoiro de emprego Xuventude en Acción 2019, polo cal se convoca unha baremación inicial entre os candidatos a mestre de especialidade, tras a renuncia do mestre seleccionado.

Os interesados/as teñen de prazo ata o xoves 3 de outubro para entregar a documentación. A selección será o venres día 4

O documento pódese consultar nos arquivos adxuntos.

 

25 de setembro de 2019

Fáise pública a relación de persoas seleccionadas para participar como membros da equipa docente e administrativo, así como a puntuación definitiva das persoas seleccionadas, para o obradoiro de emprego Xuventude en Acción 2019, promovido polo Concello de Rois e conveniado cos concellos de Padrón e Dodro.

Os documentos pódense consultar nos arquivos adxuntos.

23 de setembro de 2019

Fáise pública a relación de persoas seleccionadas para participar como membros da equipa docente e administrativa, así como a puntuación provisional das persoas seleccionadas, para o obradoiro de emprego Xuventude en Acción 2019, promovido polo Concello de Rois e conveniado cos concellos de Padrón e Dodro.

Prazo de reclamacións: días 23 e 24 de setembro.

Os documentos pódense consultar nos arquivos adxuntos.

 

19 de setembro de 2019

Faise pública a listaxe coas puntuacións provisionais dos seleccionados e seleccionadas para realizar o obradoiro de emprego Xuventude en Acción 2019, promovido polo Concello de Rois e conveniado cos concellos de Padrón e Dodro.

A listaxe pode consultarse no documento adxunto.

 

13 de setembro 2019

Faise público o resultado da entrevista de selección de alumnos para realizar o obradoiro de emprego Xuventude en Acción 2019 promovido polo Concello de Rois e conveniado cos concellos de Padrón e Dodro.

A acta do tribunal pódese consultar no documento adxunto.

 

13 de agosto de 2019: 

O 2 de setembro remata o prazo de inscrición no obradoiro 'Xuventude en Acción 2019' de Confección e Publicación de Páxinas Web

O Concello de Rois promove, conveniado cos de Padrón e Odro, o obradoiro de emprego 'Xuventude en Acción 2019', dirixido á xuventude de menos de 30 anos que se atope en situación de desemprego. O obradoiro está cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil.  

Nesta edición, os alumnado-traballador formarase, durante seis meses, na confección e publicación de páxinas web. Os intereasdos deberán estar inscritos no sistema de garantía xuvenil e no Servizo de Emprego Público cos códigos 340, 320 e 370. O prazo remata o luns 2 de setembro. No arquivo adxunto pódense consultar as bases para a selección do alumnado traballador e do persoal directivo, docente e administrativo de apio do obradoiro de emprego 'Xuventude en Acción 2019'.

A veciñanza desempregada de entre 18 e 30 anos que teña o graduado na ESO ou en competencias clave nivel 2, censadas en Rois, Padrón e Dodro poderá participar neste obradoiro que ten como finalidade a formación e inclusión laboral da xuventude, á vez que se desenvolven tareas en beneficio dos espacios e instalacións públicas. Neste caso, a parte práctica da formación consistirá na creación da páxina web Coñece Terras de Iria e na elaboración do portal de emprego Terras de Iria.

O alumnado interesado en participar e que reúna todos os requisitos deberá anotarse no programa de Garantía Xuvenil e tamén no Servizo de Emprego Público nos códigos 340, 320 e 370 antes do 2 de setembro de 2019. As bases poden consultarse a continuación.

Neste obradoiro formaranse a 10 alumnos e alumnas traballadoras. O persoal docente do mesmo será 1 director, 1 mestre da especialidade confección e publicación de páxinas web, 1 titor e 1 administrativo, que se contratarán segundo as bases que se poden consultar no arquivo adxunto.

 

20190827 FSE CONSELLERIA GALICIA