20191109 Rois ioga mulleres 2019 Prensa

Unha vintena de mulleres participaron o pasado sábado no edificio multiúsos nun obradoiro de ioga, a primeira das actividades programadas polo Concello de Rois para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O vindeiro 29 de novembro celebrarase un obradoiro de defensa persoal para mulleres a partir das seis da tarde dirixido a mulleres maiores de idade empadroadas en Rois.