20191212 Cartel Ioga pilatesO Concello de Rois levará a cabo un obradoiro de ioga e outro de pilates para embarazadas a partir do mes de xaneiro. O primeiro comezará o sábado 11 e impartirase de 10.30 a 11.30 horas no Edificio Multiusos de Rois e de 12.00 a 13.00 horas no Local das Mulleres Rurais de Urdilde.

No caso de pilates, o horario será de 19.00 a 20.00 horas, realizarase no Edificio Multiusos e comezará o 13 de xaneiro.

O prezo das actividades é de 30 e 10 euros por curso respectivamente. Para participar é necesaria a inscrición, que se fará no Edificio Multiusos ata o 9 de xaneiro, día no que remata o prazo de inscrición.

Máis información no Concello de Rois (981 804 109) ou no Edificio Multiusos (981 816 061).