20191227 revista webO Concello de Rois vén de distribuír entre a veciñanza un novo número da revista informativa municipal 'Debullar', que repasa as actividades e iniciativas desenvolvidas durante o ano 2019.

As corenta páxinas deste terceiro número da publicación recollen informacións sobre o destacado papel dos grupos de teatro afeccionado do municipio nas mostras organizadas polo Concello, reportaxes dos obradoidos de emprego, unha crónica do Rois NaturFets ou un seguimento dos intercambios culturais e irmandamentos europeos, entre moitos outros temas.

'Debullar' distribuiuse a todos os domicilios de Rois acompañada pola felicitación que resultou gañadora no concurso de tarxetas de Nadal, realizada por Lidia Núñez Forján, de 2ª de Primeria do CEIP O Pumar de Urdilde. A revista tamén está dispoñible en formato dixital.