• A viaxe a Vigo farase de noite, despois de cear no Hotel Escala e o prezo polo paquete completo é de 30 euros

  • A saída á neve será ás 07.00 horas de Rois e os asistentes maiores de sete anos deberán aboar 10 euros 

 

20191227 Excursion Vigo Neve

 

O Concello de Rois está a organizar dúas excursións para que a veciñanza poida achegarse no mes de xaneiro a ver as luces de nadal de Vigo e, no de febreiro, poida gozar dunha xornada na neve en Cabeza de Manzaneda. Para participar é necesario ingresar o prezo na conta bancaria do Concello.

A excursión a Vigo está programada para o venres 10 de xaneiro pola noite. Os participantes cearán no Hotel Scala de Padrón ás 22.30 horas. Sobre as 00.30 horas o autobús sairá cara Vigo, donde as persoas asistentes pasarán toda a noite pola cidade olívica, gozando dun dos atractivos do nadal: as luces led nas que o concello de Vigo investiu un millón de euros. Ás seis das madrugada, o autobús emprenderá viaxe para regresar a Rois.

A esta viaxe só poderán asistir persoas maiores de idade, que deberán ingresar 30 euros para aboar o prezo da cea, o desprazamento e o seguro de viaxe. As prazas son limitadas, e terán prioridade as empadroadas en Rois.

As persoas interesadas deberán reservar praza antes do 7 de xaneiro chamando ao teléfono do concello (981 804 109) e, unha vez confirmada haberá que ingresar os 30 euros na conta que ten o Concello de Rois en Abanca número ES64 2080 0328 9631 1000 0060.

A segunda viaxe será o 8 de febreiro ata Cabeza de Manzaneda, para que os participantes poida gozar dun día de neve. O autobús sairá ás 07.00 de Rois e ás 07.30 de Urdilde, regresando ás 17.30 horas con parada en Pobra de Trives. O prezo é de 7 euros para os menores de 7 anos, e de 10 euros para o resto.

Os interesados deberán inscribirse no teléfono do concello antes do 4 de febreiro e facer o ingreso na conta do Concello de Abanca indicado. As prazas reservaranse por orde de inscrición.

En ambos os dous casos, despois de facer o ingreso na conta bancaria, hai que entregar o xustificante do ingreso nas oficinas municipais.