20200528 Diververan2020

O Concello de Rois fará este ano unha modificación para desenvolver o programa Diververán 2020 para facilitar a conciliación familiar durante os meses de xullo e agosto. Para cumprir coa normativa de seguridade derivada da covid-19, as actividades este ano ofertaranse simultaneamente nos locais sociais, veciñais e equipamentos municipais existentes nas diferentes parroquias do municipio.

O Diververán 2020 está dirixido a nenas e nenos nados entre os anos 2004 e 2017 (que teñan entre 3 e 16 anos), que deberan inscribirse na parroquia na que viven. Para participar no programa terá preferencia a rapazada empadroada en Rois. Establecerase un número mínimo e máximo de participantes para poder desenvolver cada unha das actividades.

Establécense catro quendas, unha por cada quincena dos meses de xullo e agosto. Haberá un servizo de amencer (de 07.30 a 10.00 horas), no que os asistentes poderán almorzar e participar en xogos e actividades de reforzo educativo. As actividades propias do Diververán desenvolveranse de 10.00 a 14.00 horas.

O prazo de inscrición para o Diververán 2020 de Rois remata o vindeiro 10 de xuño. Os interesados deberán enviar cubertos os formularios de inscrición por correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

A listaxe provisional de admitidos farase pública o 11 de xuño na web e no taboleiro de anuncios do Concello de Rois. As taxas deberán aboarse antes do 18 de xuño, e o dia 19 publicarase a listaxe definitiva de admitidos.

O Concello estableceu para este ano unha taxa de 50 euros por quenda (quince días), máis outros 5 euros polo servizo de amencer (1 €/día no caso de almorzos soltos). A matrícula por un mes completo sería de 90 euros, e tamén se establecen descontos do 25% da cota para o segundo irmán ou irmá, familias numerosas ou monoparentais, e para os menores con discapacidade recoñecida.

Debido a situación actual, todas as actuacións e procedementos vinculados ao Diververán estarán condicionadas á evolución da pandemia provocada polo coronavirus.

Ademais do enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., as persoas interesadas poden obter máis información no teléfono 981 816 061, de luns a venres en horario de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.00 horas.

O bando coa información e os formularios de inscrición pódense descargar nos documentos adxuntos.