Venres 19 de xuño de 2020

O Concello de Rois fai público o listado definitivo de nenos e nenas admitidas no Diververán 2020.

O listado pódese consultar no documento adxunto.

Para solventar todas aquelas dúbidas que poidan xurdir en relación ao listado ou ao procedemento, as persoas interesadas deberán enviar un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Xoves, 11 de xuño de 2020

O Concello de Rois fai público hoxe o listado provisional de nenos e nenas admitidas no programa de conciliación Diververán 2020 que se vai celebrar durante os meses de xullo e agosto. A listaxe pódese consultar no documento adxunto.

Para confirmar a praza é preciso realizar o pagamento da taxa correspondente antes do 18 de xuño, facendo o ingreso na conta de Abanca número: ES64 2080 0328 9631 1000 0060.

A hora de facer o pagamento, é preciso que no concepto se indique claramente Diververán 2020 e o nome e apelidos do neno ou nena que vai participar.

Antes das 18.00 horas do día 18 de xuño deberá enviarse o xustificante de pagamento por correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Tamén se pode deixar o xustificante na caixa de correos do edificio multiúsos de Rois.

 A lista definitiva de participantes fase pública o venres 19 de xuño. Unha vez publicada a lista definitiva, enviarase ás familias o resto de documentación que é preciso formalizar para completar a inscrición no programa, así como os protocolos establecidos para adaptarse á situación ocasionada polo COVID-19.