• Cada un dos participantes leva como recordo unha gorra

  • A actividade de conciliación continuará por primeira vez en agosto con 22 participantes en Urdilde

20200731 diververan clausura xullo3

Os máis de 80 nenos que durante o mes de xullo participaron no Diververán acudiron esta mañá ao polideportivo de Urdilde para participar no acto de clausura, unha festa na que a maxia e os animais mariños foron os protagonistas.

Da maxia encargouse o Mago Teto, que fixo rir e participar a moitos dos asistentes. Os animais mariños déronlle nome aos diferentes grupos nos que se distribuíron os participantes: estrelas de mar, cangrexos, cabaliños de mar, tiburóns, baleas, golfiños, tartarugas ou medusas.

20200731 diververan clausura xullo

Ata o polideportivo achegáronse tamén o alcalde, Ramón Tojo, e o tenente de alcalde, Manuel dos Santos, que agradeceron a participación do alumnado nun Diververán especial. Este ano celebrouse en tres localizacións diferentes: no colexio dos Dices, en Urdilde e en Sorribas para cumprir coa normativa de loita contra a covid-19.

Os 83 nenos e nenas que durante o mes de xullo participaron no Diververán (nalgunha das dúas quendas) levan como recordo unha gorra conmemorativa.

Tamén este ano por primeira vez, o Concello de Rois vai organizar o Diververán no mes de agosto, para colaborar con aquelas máis familias que precisan medidas de conciliación. En agosto serán 22 nenos e nenas os que repitan no Diververán (todos e todas participaron xa no mes de xullo) para gozar das moitas actividades que se van realizar en Urdilde, distribuídos en dous grupos.

Album de fotos no Facebook do Concello de Rois (neste enlace).

20200731 diververan clausura xullo 2