20200818 Foto dia BICI 2019

O Concello de Rois tomou a decisión de cancelar a celebración do Día da Bicicleta por mor da incerteza ocasionada pola pandemia da Covid-19 e co obxectivo de reforzar as medidas orientadas a frear os contaxios. Esta xornada cicloturística, que neste ano acadaría a súa décimo sétima edición, íase desenvolver o sábado 26 de setembro cunha ruta por varias parroquias do municipio.

Na pasada edición, foron más de 140 as persoas que subiron á bici nunha cita xa clásica que combina deporte e lecer. O tempo acompañou para que tanto maiores coma pequenos puidesen gozar dunha xornada festiva na que se repartiron diferentes agasallos e que rematou coa actuación musical de Uxía e a Banda Molona.