• O Concello difunde nas redes sociais a gravación na que participan 16 persoas que viven e traballan no municipio

  • Distribuirá máscaras e bolsas co mesmo lema, e o día 25 iluminará a casa consistorial

  • Súmase tamén a campaña da Deputación ‘De fronte á violencia de xénero’

 

 

 

O Concello de Rois plántalle cara e mira de fronte é violencia de xénero para erradicar esta lacra da nosa sociedade. Son de Rois e non calo foi o lema elixido este ano para visibilizar este rexeitamento e conmemorar o Día Internacional de Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Unha iniciativa que se divulga nun vídeo a través de redes sociais, xunto coa distribución de máscaras, bolsas e a iluminación da casa consistorial.

Ademais de sumarse a iniciativa da Deputación da Coruña De fronte á violencia de xénero, o Concello promoveu unha campaña propia co lema Son de Rois e non calo, na que se distribuirán bolsas e máscaras conmemorativas coa imaxe da campaña municipal e se iluminará a casa consistorial durante a noite do 25 de novembro. Esta campaña compleméntase coa edición e difusión nas redes sociais municipais dun vídeo no que  16 veciñas e veciños participantes coinciden en que fronte é violencia de xénero hai que ter tolerancia cero.

Neste vídeo, a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Basante, anima a toda a veciñanza a construír un municipio solidario, responsable e xusto na defensa activa dos dereitos fundamentais. "E a nosa obriga non permanecer impasibles diante da violencia de xénero", lle recorda o alcalde a todos os veciños e veciñas de Rois.

As catro concelleiras da Corporación municipal, representantes das tres asociacións de mulleres do municipio, dos dous centros educativos, un médico, un empresario, persoas con discapacidade, traballadoras municipais e mozos vinculados ao mundo do deporte sae no vídeo realizado pola empresa Alicentis. Todas e todos reclaman que "ningunha muller sexa insultada, desprezada ou ferida", que todas sexan donas do seu tempo, do seu corpo e que poidan tomar as súas propias decisións. Piden que as mulleres vítimas de violencia de xénero poidan deixar atrás o medo, recuperen a confianza en sí mesmas e volvan ser independentes e autónomas. Expresando un sentir maioritario da veciñanza, o alcalde conclúe este vídeo cunha frase contundente: "Son de Rois e non calo. Para que todas as mulleres se sintan persoas libres".

Mañá (xoves 19 de novembro) ábrese o prazo para que as persoas traballadoras autónomas afectadas pola crise da covid-19 soliciten as axudas convocadas pola Xunta de Galicia. Poderán facelo ata o 18 de decembro.

As achegas serán de 1200 € para calquera actividade económica en xeral e incrementaranse ata os 2000 € no caso de actividades especialmente paralizadas. Entre estas atópanse o lecer nocturno, as atraccións de feria, as axencias de viaxe, o sector dos taxis, etc.

As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente a través do formulario dispoñible como anexo I na sede electrónica da Xunta (preme aquí). É moi importante cubrir todos os campos obrigatorios para poder optar ás achegas.

As bases reguladoras específicanse no DOG do mércores 18 de novembro. Deixamos as ligazóns:
https://cutt.ly/lg5363R
https://cutt.ly/Tg58rpV

  • As axudas inclúense no Plan PEL Reactiva 2020 da Deputación da Coruña

  • As persoas interesadas deberán presentar a solicitude ata o 25 de novembro na sede electrónica do concello

  • Poden destinar a axuda a financiar gastos correntes: compra de material, arrendamentos e canons, reparación e conservación, primas de seguros e subministracións

 

 

20201105 ROIS Pel Reactiva

O Concello de Rois destina 60.489,88 euros a axudas para persoas autónomas e microempresas radicadas no municipio. Estas subvencións inclúense dentro do Plan PEL Reactiva 2020, cofinanciado pola Deputación da Coruña. O principal obxectivo deste programa é impulsar a actividade económica e o emprego no municipio de Rois e contribuír a paliar, na medida do posible, os danos derivados da pandemia da covid-19 nas pequenas empresas e persoas autónomas, financiando gastos correntes, para contibuír á súa recuperación e viabilidade no novo contexto socioeconómico.

As bases da convocatoria publicáronse o 9 de novembro no boletín Oficial da Provincia (poden consultarse premendo aquí). As persoas interesadas deberán presentar as solicitudes por vía telemática a través da Sede Electrónica do concello de Rois (preme aquí) utilizando o modelo normalizado de solicitude dispoñible na mesma, e deberán achegar a documentación establecida. O prazo para presentar solicitudes finaliza o vindeiro 25 de novembro ás 14.00 horas.

O período subvencionable establécese entre o 1 de marzo e o 31 de decembro de 2020. As persoas beneficiarias das axudas deberán presentar a documentación xustificativa antes do 31 de marzo de 2021.

Requisitos básicos

Os requisitos básicos para acceder ao programa PEL Reactiva 2020 da Deputación da Coruña son os seguintes:

  • Ter o domicilio fiscal no Concello de Rois.
  • Non atoparse incurso en ningunha das circunstancias recollidas nos artigos 13.2 e 13.3 da Lei 38/20003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
  • Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa AEAT, TXSS, Concello de Rois, Comunidade Autónoma de Galicia e coa Deputación Provincial da Coruña.
  • Cumprir coas obrigas establecidas na base 14 das reguladoras destas subvencións.
  • No caso de persoas autónomas: estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista de colexio profesional, con anterioridade ao 14 de marzo.
  • No caso de micropymes: a data de constitución da empresa (data de primeira inscrición no rexistro público correspondente) debe ser anterior ao 14 de marzo.

Quen pode solicitar este programa de axudas

Poderán solicitar esta subvención as persoas traballadoras autónomas con ou sen traballadores/as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se atopen nalgún dos seguintes supostos:

  • Grupo I:Que se visen afectados polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.
  • Grupo II:Que non se visen afectados polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta o seis meses naturais esixidos para acreditar a redución dos ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.
  • Grupo III:Que se viran na obriga de acollerse a un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego), nos termos establecidos no RD 465/2020, do 17 de marzo.

Para os efectos destas subvencións terán a categoría de microempresa aquelas empresas que ocupan a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou balance xeral anual non excedan de 2 millóns de euros.

Gastos subvencionables

Con cargo a esta líñas de axudas, as persoas autónomas e empresas poderán obter financiación para facer fronte aos gastos correntes seguintes (o IVE non é subvencionable):

  • Compra de material antiséptico ou desinfectante, produtos hixiénicos e de limpeza
  • Arrendamentos e canons
  • Reparación e conservación (adaptación de locais ás medidas deprotección fronte á covid-19
  • Primas de seguros (responsabilidade civil, accidentes)
  • Subministracións (auga, gas, combustibles, electricidades)

Para máis información, as persoas interesadas poderán contactar coa axente de emprego do concello chamando ao telefono 981804109

 

  • O alcalde de Rois e os tenentes de alcalde de Padrón e Dodro acudiron hoxe ao acto oficial de inauguración

  • Durante un ano, as dez rapazas formarase na creación de páxinas web e continuarán o traballo iniciado o ano pasado

  • Ramón Tojo: “Tedes a oportunidade de formarvos e loitar polo voso futuro. Aproveitádea, ides deixar pegada”

Rois OE XuventudeAccion2020 web

 As dez mozas seleccionadas para participar no obradoiro de emprego Xuventude en Acción 2020 encargaranse durante os vindeiros meses de ampliar a páxina web Coñece Terras de Iria (pódese ver neste enlace), comezada a deseñar polos participantes do curso de formación que rematou o pasado mes de marzo. O alcalde de Rois e os tenentes alcaldes de Padrón e Dodro inauguraron hoxe oficialmente a presente edición nun acto no que Ramón Tojo animou ás participantes a “esforzarse para aproveitar esta oportunidade de formarvos e loitar polo voso futuro”. “As novas tecnoloxías son o presente, aproveitade este curso, no que de seguro ides deixar pegada”, animounas.

O obradoiro de emprego Xuventude en Acción 2020, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade e polo Fondo Social Europeo cun total de 230.932,70 euros, permitiralle a estas dez mozas menores de 30 anos (4 de Rois, 4 de Padrón e 2 de Dodro) aprender durante un ano deseño de páxinas web mediante un contrato de prácticas e formación polo que percibirán o salario mínimo interprofesional.

Na presentación, a directora deste obradoiro Xuventude en Acción 2020, Eva Diéguez, recordou o traballo desenvolvido na edición do pasado ano, que rematou no mes de marzo con quince días de antelación debido á pandemia da covid-19.

Os mozos e mozas que participaron na edición anterior desenvolveron a páxina web Coñece Terras de Iria, na que se recollen datos da historia, cultura e patrimonio dos tres concellos que forman Terras de Iria: Rois, Padrón e Dodro.

No caso de Rois, na web ofrécenos a posibilidade de escoitar cancións do libro Foliada en Rois. Terriña... A nosa’, con cancións dende os anos corenta de diferentes formacións musicais. Tamén recolle unha recompilación das fotografías da exposición Aloitadoras, que se inaugurou o Día Internacional da Muller, ou documentación sobre a ruta das Penicias.

No caso de Padrón pódense descargar, en formato PDF, todos os libros da festa de Pascua, dende 1926 ata 2010.

Portal de emprego

Durante o pasado curso tamén se creou o Portal de Emprego Terras de Iria (ver neste enlace), no que aparece un directorio coas principais empresas da comarca; recursos relacionados coa empresa e técnicas para mellorar a búsqueda de emprego.

Nestas dúas páxinas web seguirán traballando as dez mozas que participan no Obradoiro de emprego Xuventude en Acción 2020. A intención é que unha vez rematados os dous portais, queden aloxados definitivamente na páxina web Terras de Iria ou nun hosting específico. Ata entón, poderase consultar o traballo do alumnado nestes enlaces:

Unha vez rematen o obradoiro, as dez mozas recibirán un certificado de profesionalidade de nivel 2, que lles axudará a incorporarse ao mercado laboral. Eva Diéguez lembrou que, dos dez participantes no obradoiro de emprego Xuventude en Acción 2019, tres deles están xa traballando.

Ademais de Ramón Tojo e da directora, asistiron ao acto de inaguración do obradoiro de emprego Xuventude en Acción 2020 Ángel Rodríguez Conde, tenente alcalde de Padrón; Ramón Abuín Gómez, tenente alcalde de Dodro, e María Jesús Frieiro, profesora de informática do obradoiro.

20201014 Cartel Xornada AGACAO auditorio municipal de Rois acolle o obradoiro gratuíto 'Gobernanza cooperativa nas comunidades de montes veciñais', que se celebrará do 26 ao 30 de outubro. O taller está organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA).

A actividade desenvolverase en cinco xornadas temáticas, todas elas en horario de tarde (de 16.00 a 19.00 horas). A primeira delas, o luns día 26, versará sobre iniciativas innovadoras no medio rural na valorización dos montes veciñais en man común, e correrá a cargo de Higinio Mougán, director-xerente de AGACA.

A gobernanza e a organización cooperativa das comunidades de montes centrarán a segunda xornada, mentres que o mércores se falará sobre a súa fiscalidade. A sesión do xoves ocuparase da titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais en man común. Estas tres xornadas serán impartidas por membros do despacho de avogados Calixto Escariz.

Por último, un enxeñeiro de montes será quen se ocupe da última das xornadas formativas, dedicada aos instrumentos de ordenación ou xestión forestal que, por lei, todos os montes teñen a obriga de ter. O programa detallado do encontro pode consultarse neste enlace

A inscrición neste obradoiro é gratuíta. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse chamando ao 981 584 783 ou ben neste enlace.

A actividade enmárcase no programa de actuación da Rede Eusumo, impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e da economía social, co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.