20181121 Rois Dia contra Violencia Xenero



20181121 Rois Dia contra Violencia Xenero cartel

O Concello de Rois súmase ao Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller convidando á veciñanza a un acto institucional comarcal que terá lugar no Auditorio Municipal de Padrón ás 12.00 horas do domingo 25 de novembro. De cara a esta xornada reivindicativa, o consistorio quere involucrar a toda a cidadanía roisense, posicionándose claramente en contra desta lacra.

Nos últimos días o Concello repartiu en diversos establecementos comerciais e hostaleiros, nas sedes de varias institucións e asociacións e en diversas localizacións de importancia os materiais impresos da campaña “Sementa igualdade, recolle liberdade”. Trátase de carteis alusivos ao 25 de novembro que se colocarán en escaparates, ventás e paredes, amosando a solidariedade da veciñanza coas mulleres que sofren a violencia.

Ademais, o balcón da casa consistorial loce unha pancarta alusiva, expresión do rexeitamento de todos os habitantes do municipio a todo tipo de violencia contra as mulleres.

Do mesmo xeito, o Concello aproveita para convidar a todas as persoas a participar na actividade reivindicativa que se celebrará en Padrón o domingo ás 12.00 h, e na concentración posterior ás portas do mesmo espazo.