20190109 terras iria

Os concellos de Rois, Dodro e Padrón realizarán un novo Programa Integrado de Emprego. O Terras de Iria V terá como obxectivo a mellora da empregabilidade de 100 participantes e acadar que, como mínimo, 35 dos participantes poidan atopar un traballo, aínda que dende os tres concellos esperan superar o éxito de edicións anteriores deste mesmo programa, nas que máis dos corenta por cento dos participantes atoparon un traballo.

Nesta edición do PIE Terras de Iria V os participantes recibirán formación en:

• Soldadura Mig/Mag
• Mantenemento e Mecánica Industrial
• Carpintería Metálica e Perfilería do Aluminio
• Mecanizado con CNC (Control Numérico Computerizado)
• Pontegrúa (adaptado á normativa UNE)
• Carretilla Elevadora (adaptado á normativa UNE)
• Prevención de Riscos
• Caixeiro/a Repoñedor/a
• Carnicería
• Pescadería
• Charcutería
• Manipulador de Alimentos
• Camareiro
• Axudante de Cociña
• Carné de camión e CAP
• Atención Sociosanitaria
• Ofrecerase tamén formación transversal en idiomas, ofimática...

O programa está dirixido a menores de 30 e maiores de 45 anos, perceptores de prestacións, mulleres e persoas desempregadas de longa duración.

O PIE Terras de Iria V está subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Para máis información, chamar ao teléfono 981802062 (Concello de Dodro).