BIBLIOTECA MUNICIPAL E AXENCIA DE LECTURA

Información xeral

Horarios de apertura

Normativa

Catálogo en rede

Actividades

 

Información xeral

As bibliotecas públicas municipais de Rois e Urdilde son un ben municipal de dominio e servizo público destinado a consulta, préstamo, lectura e información bibliográfica mediante a disposición dos seus fondos documentais e dos seus servizos técnicos para o enriquecemento cultural das persoas.

A biblioteca presta os seus servizos en dous puntos de atención: biblioteca de Rois no edificio multiúsos de rois e a axencia de lectura de Urdilde.

Os fondos documentais da biblioteca integran todo tipo de materiais e soportes: libros, CD-ROM, DVD... todos estes documentos están en acceso libre e son facilmente localizables e accesibles mediante a consulta na sala ou o préstamo domiciliario.

Os usuarios e as usuarias poden participar no desenvolvemento da biblioteca a través de suxestións, reclamacións e solicitude de adquisicións de novos documentos.

A biblioteca organiza periodicamente actividades de animación á lectura que se desenvolven nas dúas bibliotecas e en diferentes locais sociais do concello.

Normativa

Podes consultar aquí as normas de funcionamento das bibliotecas públicas municipais de Rois e Urdilde.

 

Catálogos en rede

 

Actividades

Actividade de Contacontos: actividade de animación á lectura dirixido á poboación infantil, que ten como propósito o fomento de hábitos lectores, de forma lúdica, combinando contos con xogos, dinámicas e manualidades.