Alumnado e profesorado da Escola Municipal de Música de Rois e do OCT Chorima fixeron hoxe os primeiros ensaios en Venecia despois dunha mañá na que a comitiva, acompañados por alumnado de español da Escola Musical de Lido, visitaron o palacio Ducal, que durante séculos albergou a sede do máximo representante e do poder político e xudicial da república veneciana. Pola tarde, alumnado e profesorado asistiu ao ensaio da Orquestra do Liceo, durante o cal tanto o xoven Xoel Cristobo, á percusión, como o director da EMUS de Rois, Manuel Villar, se animaron a integrarse na orquestra, como anticipo do que pode pasar o venres no concerto que ofrecerán ambas as dúas formacións. A continuación foron os cinco representantes de Chorima os que estiveron preparando o seu repertorio, mentres os cantantes da EMUS empezaban tamén a repasar as cancións que interpretarán tanto o xoves como o venres. Durante este ensaio foron os estudantes italianos Samuele Molinari, co saxo, e o percusionista Stefano Topan quen se animaron a practicar cos de Rois a canción “Se chove”.

Vai no dentista, o grupo de teatro do IES Xelmírez I de Santiago, representou onte a obra “En pé de guerra” no auditorio municipal de Rois, na primeira xornada da mostra de teatro escolar afeccionado TeatRois. Hoxe, ás 20.30 horas, tocalle o turno ao Grupo de Teatro da Escola Secundária de Valongo (Portugal) coa representación da obra “Nao é por lá, é por aquí”. Recorda retirar a entrada ata media hora antes da función.

A praza de San Marco, a máis emblemática de Venecia, o Gran Teatro La Fenice, o Museo da Música e a Galería da Academia foron hoxe os puntos que visitou a expedición de Rois durante o seu segundo día de intercambio na localidade italiana. Unha intensa xornada na que tamén houbo tempo para que a xuventude de Rois e os alumnos do Liceo da Música de Venecia tivesen uns minutos para compartir piano e interpretar diferentes pezas xusto despois do xantar. Un anticipo do que será a xornada do martes, na que comezarán os ensaios conxuntos, pola tarde, para os concertos que galegos e italianos van ofrecer o mércores e o venres. Más información neste enlace: https://bit.ly/2xkNCV8

Máis de corenta artesáns participaron na Feira de Artesanía que organizou o Concello de Rois con motivo as festas do Santo Isidro. Productos do campo, alimentación, roupa, bisutería, menaxe, cociñas foron algún dos sectores representados. Tamén se atopaban representantes da Asociación AMIPA, coas elaboracións das persoas con discapacidade, e da Xunta de Galicia, fomentando a reciclaxe responsable.