Dúas candeas acesas en recordo das 45 mulleres asasinadas este ano en España pola violencia machista. Así remataron Aurora Lamas e Maruja a lectura dun poema feito na Asociación de Amas de Casa de Rois para celebrar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero no auditorio municipal. Previamente, o tenente alcalde Manuel dos Santos, lera tamén outro poema que fixeron as mulleres do mesmo colectivo. Unha forma de amosar que en Rois todos están contra a violencia de xénero. Foi o colofón, xunto cun animado debate co público asistente, co que Ana Hermida remataba o seu espectáculo “Miña casiña, meu lar”. Un monólogo durante o cal a actriz de Arteixo foi relatando diferentes situacións de violencia doméstica que viven moitas mulleres. Durante o espectáculo houbo tempo tamén para amosar un vídeo con datos da violencia de xénero a nivel mundial e de ver a mensaxe de Antonio Banderas, embaixador da Boa Vontade para o Desenvolvemento da ONU, animando a todos a todos a levantarnos e denunciar cando vexamos violencia contra as mulleres.

Os concellos de Rois, Kalonda (Eslovaquia), Pásztó (Hungria) e a mancomunidade de Naxos e Taormina (Italia) asinaron onte o irmandamento entre as institucións dos catro países, que facilitará unir experiencias para unha mellor cidadanía europea. O acto celebrouse nun abarrotado auditorio do edificio multiusos de Rois, no que actuaron membros da Escola Municipal de Música de Rois e do OCT Chorima . Despois do acto oficial, as delegacións dos catro países participaron nunha cea multicultural no hotel Scala, xunto a mozas e mozos de Georgia, Azerbaiyán, Alemania, Rusia, Moldavia e Malta. Aquí podeves ver un resumo en fotos.

Clodio González, historiador, mestre e etnógrafo, foi o encargado de explicar as características do patrimonio cultural de Rois, no transcurso da Andaina: Angueira de Castro e o Pazo do Faramello. Este paseo polas aldeas que rodean o Castro Lupario, de 7 quilómetros de lonxitude e dificultade media, congregou a moitos veciños o domingo 5 de novembro. Foi organizado conxuntamente polo Concello de Rois, Concello de Teo e Concello de Brión.

Os representantes dos municipios de Patszo (Hungría), Kalonda (Eslovaquia) e Giardini Naxos (Italia) que este xoves se irmandarán con Rois mantiveron una intensa actividade no seu primeiro día completo de estadía na comarca do Sar. Acompañados polo alcalde, Ramón Tojo, visitaron a casa consistorial, o Centro de Día de Urdilde, da rede de centros de maiores da Xunta de Galicia, e as instalacións da asociación Amipa, onde se viviron momentos de emoción. A comitiva tamén visitou as instalacións de Aluminios Cortizo, que conta cunha fábrica en Eslovaquia. Amosamos algúns dos momentos desta xornada.

Numerosos afeccionados acudiron este domingo a gozar co i Trial de Urdilde, organizado pola Liga Galega de Moto de Campo en colaboración co Concello de Rois. Todo un éxito de público e participantes, ao que contribuíu a boa organización da proba, na que participaron os seguintes pilotos de Rois: Juan Manuel Chico Lapido, José García Rey, Manuel García Sampayo, Miguel Laíño Vázquez, Javier Neo Folgar, Luis Neo Folgar, Xurxo Neo Suárez (de 10 anos), Gustavo Sánchez Guillermes e Ricardo Suárez Tourís. Aquí deixámosvos algunhas fotos desta cita. Podes consultar ás clasificacións neste enlace: https://docs.google.com/spreadsheets/d/e/2PACX-1vSEYhAVwjpHonWeAMEsr8FgnAuHZEKkCRXe01Nf8W5QUeKbTn6zL0pRM56GQVLhKeRIn2_xJg_f8v0R/pubhtml