Trece mozos e mozas de México, Italia, Francia, Holanda, Alemania e España (galegos, valencianos e andaluces) participan no campo de traballo internacional Castro de Socastro de Rois. Ata o día 12 farán tarefas de limpado, siglado e debuxo arqueolóxico do recinto e arredores, ademáis de lavar, catalogar, estudiar e recompoñer algunas das más de 1.000 pezas xa recuperadas durante os dez anos de excavación deste castro. O alcalde de Rois, Ramón Tojo, e o delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, estiveron esta mañá con algúns dos asistentes a este campo de traballo que financian a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta (con 10.880 euros) e o Concello de Rois (5.655 euros).