20181222 0ALI9597

Alumnado e profesorado da Escola Municipal de Música de Rois ofreceu esta tarde o tradicional Concerto de Nadal co que felicitaron as festas ás 200 persoas que encheron o auditorio do edificio multiúsos interpretando panxoliñas, temas coñecidos dos Beatles, de bandas sonoras e un variado repertorio que acabou emocionando ao público. A profesora de Canto, Esperanza Mara, e o coro adicaron o tema ‘Pre Jesu’ para pedir o fin da violencia machista.

O ‘Carnaval de Venecia’, interpretado a catro mans ao piano, abreu o variado repertorio, que continuarian os máis cativos da escola interpretando ‘O Camaleón Ramón’ e ‘En Navidad’, que deixou abraiado ao público presente. Logo seguiron temas de Leonar Cohen, Amaral, da película ‘Toy Story’, dos Beatles e tamén a tradicional mexicana ‘Las mañanitas’. 

O conxunto instrumental B, no que Moisés Barreiro destacou a ausencia de David (baixo), por lesión, e a incorporación de Sabela Becerra ao clarinete, puxo o colofón a actuación interpretando unha adaptación do propio mestre da popular ‘Nadal Theme’.

Os preto de oitenta alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música de Rois retomarán as clases o vindeiro 8 de xaneiro.

Podes ver o album de fotos no Facebook do Concello de Rois, neste enlace.

20181222 zALI9557