20200706 Diververan portada

O 1 de xullo arrancou o programa Diververán, no que participan 85 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Deste modo, con motivo da crise sanitaria da COVID-19 e de acordo coas medidas hixiénico-sanitarias establecidas polas administracións estatal e autonómica, os participantes están organizados en 8 grupos e 3 puntos do municipio: Urdilde, Rois e Sorribas.

Preme neste enlace para ver unhas fotografías do ben que están a gozar co programa, que se desenvolverá ao longo dos meses de xullo e agosto.