20190719 Jose Veiga con Ramon Tojo

Rois conta cun novo membro no seu selecto club de centenarios. José Veiga Gandarela, que naceu na aldea da Cabanela, en Urdilde, o 18 de xullo de 1919, recibiu o venres a visita do alcalde, Ramón Tojo, e do tenente de alcalde, Manuel dos Santos, que lle entregaron un peregrino de bronce como agasallo do Concello de Rois para celebrar esta efeméride e conversar durante uns minutos.

José Veiga atópase en perfectas condicións físicas e goza de mantere longas conversas para recordar vellos tempos. A mediados do século pasado, José Veiga oi presidente provincial da Cámara Agraria da Coruña, cargo polo que fixo numerosos viaxes a Madrid para axudar a mellorar a agricultura e a gandería da provincia. Toda a súa vida estivo vinculada á agricultura e a gandería dende a parroquia de Urdilde. Hoxe aínda mantén numerosas hectáreas de monte plantadas e limpas de maleza.

Durante a visita, ademais destas e outras moitas anécdotas, algunhas relacionadas coa Guerra Civil, José Veiga conversou cos dous representantes do goberno de Rois sobre temas de actualidade. Ramón Tojo e Manuel dos Santos desexáronlle un feliz aniversario e que siga gozando de voa saúde moitos anos máis.

20190719 Jose Veiga Manuel dos Santos

A Secretaría Xeral de Igualdade, xunto co Fondo Social Europeo, convoca unha serie de subvencións para apoiar o emprendemento feminino baixo o programa Emega. Esta iniciativa está composta por un conxunto de axudas dirixidas a respaldar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituidas por mulleres, entre outra accións complementarias. O prazo de presentación de solicitudes para as 5 liñas de axuda que compoñen o programa remata o vindeiro luns 5 de agosto.

Deste xeito, o programa Emega comprende as seguintes líneas de axuda:

  • Liña Emprende: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea. (De 8.000 a 20.000 euros).
  • Liña Innova: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade en empresas constituídas por mulleres, e que impliquen a creación de emprego feminino vinculado ao proxecto de mellora. (De 12.000 a 20.000 euros).
  • Liña Activa: liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación e consolidación de empresas constituídas por mulleres, a través de medidas de renovación, implantación, ampliación ou cambio de localización da actividade dirixidas a paliar unha situación económica adversa, e que resulten necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea, así como para conseguir o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa pervivencia e consolidación no actual contexto económico. Ditas medidas non poderán supoñer, en ningún caso, destrución do emprego existente por conta propia e allea. (De 6.000 a 15.000 euros).
  • Liña ITEF: liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica, promovidas por mulleres e que supoñan a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea. (De 16.000 a 40.000 euros).
  • Concilia: axuda complementaria das liñas Emprende, Innova, Activa e ITEF para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades: Concilia-promotoras (3.00 euros) e  e Concilia-persoas traballadoras por conta allea (De 1.000 a 5.000 euros).

Por conseguinte, as beneficiarias das axudas do programa Emega son mulleres que inicien a súa actividade, ou formalicen os seus plans Innova ou Activa, entre o 1 de agosto de 2018  e o fin do prazo de presentación de solicitudes ao amparo desta convocatoria (5 de agosto de 2019), sempre e cando cumpran todos os requisitos e condicións indicados nas bases do programa.

As interesadas poderán atopar toda a información detallada da convocatoria (documentación a entregar, bases do programa, prazos, cuantías económicas, anexos...)  na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

 

 

20190627 apertura imserso

Os pensionistas de Rois xa coñecen a data para presentar ou renovar as súas solicitudes ao programa de turismo do Imserso. Para poder aproveitarse das ofertas que propón o Instituto de Maiores e Servizos Sociais, deberán inscribirse no departamento de Servizos Sociais do Concello antes do vindeiro martes, 9 de xuño, en horario de mañá, de 09.00 a 14.00 horas (os mércores non se atende) ou nas oficinas de Urdilde o martes e xoves de 09.00 a 11.00 horas. Desta forma, os beneficiarios poderán gozar coas viaxes que organizan a destinos de toda a xeografía española.

Para poder adherirse ao programa hai que ser pensionista, ou formar parte dun dos grupos de pensionistas que se sinalan nas bases da convocatoria (preme aquí para consultar os requisitosque establece o Ministerio ). Ademais, as persoas usuarias poderán ir acompañadas polo seu cónxuxe, ou no seu caso, pola parella de feito ou persoa coa que constitúa unha relación. Tamén poderán ir acompañados de fillos ou fillas se teñen un grao de discapacidade superior ao 45% e compartindo habitación

O prazo para presentar as solicitudes no departamento de Servizos Sociais de Rois remata o vindeiro martes, día 9 de xullo.

A iniciativa do Imserso permite aos pensionistas coñecer distintos puntos da xeografía española, chegando incluso aos arquipélagos baleares e canario. Desta forma, os destinos turísticos englóbanse en: zona costeira peninsular (Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana), zona costeira insular (Illas Baleares e Canarias) e turismo de interior. Ademais, o Imserso fai públicos os prezos de cada estadía, que se poden consultar na súa páxina web (preme aquí para dirixirte aos prezos).

As persoas participantes non se terán que preocupar de ningunha cousa, pois os viaxes organízanse con todas as comodidades. Entre os servizos dispostos inclúense:

  • Aloxamento en réxime de pensión completa, en habitación dobre a compartir ou individual segundo dispoñibilidade. En capitais de provincia o aloxamento será de media pensión.
  • Transporte de ida e volta dende capital de provincia.
  • Póliza de seguros colectiva.
  • Servizo de medicina xeral, complementario da Seguridade Social.
  • Programa de animación socio-cultural. 

Para máis información pode dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Rois (no teléfono 981 80 41 09) ou as oficinas de Urdilde no 981 80 51 35.

O Distrito Forestal informa sobre o cambio de localización para facer solicitude dos permisos de corta do Concello de Rois. Deste xeito, durante os meses de xullo, agosto e setembro as persoas interesadas en requerir esta licencia, deberán achegarse ao Distrito Forestal de Noia, situado na Rúa Pintor Xenaro Carrero número 25. Para máis información, pódese chamar ao 881 867 254.

Xoves, 27 de xuño de 2019

Resolución da alcaldía pola que se fai público o nome das personas contratadas e as puntuacións dos participantes dos participantes no proceso selectivo para a contratación de 12 monitores/as de ocio e tempo libre para os programas de conciliación no concello denominado Diververán.

O documento pódese consultar no arquivo adxunto.

 

Luns, 24 de xuño 2019

Resolución da alcaldía pola que se fai público o listado definitivo de admitidos e excluídos, composición do tribunal e data da entrevista personal do proceso selectivo para a contratación de 12 monitores/as de ocio e tempo libre para os programas de conciliación no concello denominado Diververán.

A resolución pódese consultar no arquivo adxunto.

 

Mércores, 19 de xuño 2019

Listado provisional de candidatos admitidos e excluidos para o  proceso selectivo para a contratación de 12 monitores/as de ocio e tempo libre para os programas de conciliación no concello denominado Diververán.

O listado pódese consultar no arquivo adxunto

 

Martes, 11 de xuño 2019

O Concello de Rois inicia un proceso selectivo para a contratación de 12 monitores/as de ocio e tempo libre para os programas de conciliación no concello denominado Diververán.

No arquivo adxunto pódense consultar as bases da convocatoria.