Velaquí vos amosamos unha relación das axudas que podedes solcitar durante o presente exercicio:

  • Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral. O prazo para solicitar a axuda remata o 30 de setembro.

  • Programa de fomento á inserción laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero. Prazo e solicitude: indefinido.

  • Incentivos dirixidos a favorecer a conciliación da vida familiar e laboral. Prazo para solicitar a axuda remata o 15 de setembro salvo prazos específicos para cada tipo de axuda.

  • Programa de fomento de contratación a xóvenes para a sustitución de traballadores que finalizan a súa vida laboral. Prazo: 15 de setembro.

  • Programa de contratación en practicas de mozos e mozas con titulacións de difícil empregabilidade. Prazo: 15 de setembro.

  • Programa de creación de novos empregos para mozos e mozas titulados en empresas de menos de 30 traballadores. Prazo: 15 setembro 2009.

  • Programa de contratación indefinida inicial de mozos e mozas desempregados. Prazo: 15 setembro.

  • Programa de incentivos á transformación en indefinidos dos contratos temporais celebrados con mozos e mozas. Prazo: 15 de setembro.

  • Incentivos a contratación indefinida de persoas con discapacidade. Prazo: 15 de setembro; prazo extraordinario: 30 de marzo.

  • Programas de incentivos a plans emrpesariais de estabilidade laboral. Prazo: 30 de xuño.

Pode consultar máis información acudindo á Consellería de Traballo.