¿Que é?

A Consellería de Traballo a través do Servizo Galego de Colocación, pon a disposición do usuario un Punto de Información coa finalidade de facilitar a súa comunicación e xestións co Servizo Público de Emprego.

 

Servizos que ofrece

Permite a renovación da demanda de emprego mediante a impresión dixital, acceso as ofertas de emprego en difusión e acceso ás páxinas web dos diferentes Servizos Públicos de emprego Nacionais e Autonómicos.

 

¿Que teño que facer para renovar a miña demanda no punto de información?

Primeiro acudir a oficina de emprego para rexistrar a impresión dixital. Unha vez feito o rexistro pode empregar calquera PI da Comunidade Autónoma para a renovación.

 

¿Quen pode renovar a súa demanda no Punto de Información?

Calquera demandante de emprego que teña a súa impresión dixital rexistradas no SGC pode utilizar o Punto de Información para a renovación da demanda.

 

¿Onde está situado o Punto de Información?

Na Casa do Concello.

 

Horario para a renovación

De luns a venres de 08,30 a 14,30 horas