Curso de preparación para a obtención do graduado en ESO.

Novembro 2008/ xuño 2009.

Horario: luns e martes de 21,00 a 23,00 horas

Lugar: edificio multiusos do Concello.

 

Curso de encaixe de bolillos.

Novembro 2008/abril 2009.

Horario: venres de 18,00 a 22,00 h.

Lugar: edificio multiusos do Concello.

 

Curso de restauración de mobles.

Febreiro 2009/marzo 2009.

Lugar: local social de Rois.

Horario: venres de 16,00 a 18,00 h

¿Que é?

A axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Rois é o instrumento para a execución das accións de promoción económica, cooperación empresarial e o fomento do espíritu emprendedor do Concello.

Obxectivos

  • Asesorar a emprendedores locais e ás empresas na súa constitución, marco legal, funcionamento, financiación.

  • Informar e tramitar subvencións para a mellora e ampliación das empresas existentes.

  • Detectar recursos ociosos ou susceptibles de favorecemento á creación de empresas e a disminuir o desemprego.

  • Axudar ós colectivos de desempregados facilitando a súa inserción laboral e colaborando na procura activa de emprego.

Servizos que presta

  • Orientación e asesoramento laboral ós desempregados:

    • Ferramentas para a procura de emprego: curriculum vitae, carta de presentación, entrevistas etc...

    • Información e intermediación laboral con empresas que demandan traballadores.

    • Información sobre accións formativas.

    • Auto emprego e economía social; subvencións para a actividade.

  • Orientación e asesoramento a emprendedores:

    • Información e tramitación de subvencións para a posta en marcha de empresas, contratación de traballadores, maquinaria.

    • Apoio de iniciativas locais de emprego.

    • Elaboración de proxectos empresariais; estudios de viabilidade.

    • Tramites para a constitución de erpesas.

  • Colaboración e asesoramento a emrpesarios:

    • Difusión de programas de cooperación de contratación de xente do noso Concello.

    • Intermediación laboral colaborando na busca de traballadores párea as empresas.

Destinatari@s

  • Promotores dunha idea empresarial.
  • Pequenas e medianas empresas.
  • Asociacións.
  • Desempregados e desempregadas.
  • Público en xeral

De cara a promover a empregabilidade no municipio, o Departamento de Emprego o pon a disposición dos cidadáns e cidadás esta bolsa de traballo en liña.

Os demandantes de emprego poderán depositar neste espazo os seus currículos. Os empresarios, pola súa banda, poden consultar as demandas publicadas, así como inserir as súas ofertas de traballo para que os interesados opten a cubrir os postos vacantes.

A Bolsa de Emprego do concello de Rois garante o carácter confidencial dos datos achegados polos seus usuarios.

Tanto os demandantes de traballo coma os empresarios poden publicar as súas ofertas e demandas a través da Bolsa de Emprego en liña:

Demandas de emprego

Se buscas emprego e queres incluír os teus datos na Bolsa tes que cumplimentar o seguinte formulario.

Ofertas de emprego

¿Que é?

A Consellería de Traballo a través do Servizo Galego de Colocación, pon a disposición do usuario un Punto de Información coa finalidade de facilitar a súa comunicación e xestións co Servizo Público de Emprego.

 

Servizos que ofrece

Permite a renovación da demanda de emprego mediante a impresión dixital, acceso as ofertas de emprego en difusión e acceso ás páxinas web dos diferentes Servizos Públicos de emprego Nacionais e Autonómicos.

 

¿Que teño que facer para renovar a miña demanda no punto de información?

Primeiro acudir a oficina de emprego para rexistrar a impresión dixital. Unha vez feito o rexistro pode empregar calquera PI da Comunidade Autónoma para a renovación.

 

¿Quen pode renovar a súa demanda no Punto de Información?

Calquera demandante de emprego que teña a súa impresión dixital rexistradas no SGC pode utilizar o Punto de Información para a renovación da demanda.

 

¿Onde está situado o Punto de Información?

Na Casa do Concello.

 

Horario para a renovación

De luns a venres de 08,30 a 14,30 horas

Velaquí vos amosamos unha relación das axudas que podedes solcitar durante o presente exercicio:

  • Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral. O prazo para solicitar a axuda remata o 30 de setembro.

  • Programa de fomento á inserción laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero. Prazo e solicitude: indefinido.

  • Incentivos dirixidos a favorecer a conciliación da vida familiar e laboral. Prazo para solicitar a axuda remata o 15 de setembro salvo prazos específicos para cada tipo de axuda.

  • Programa de fomento de contratación a xóvenes para a sustitución de traballadores que finalizan a súa vida laboral. Prazo: 15 de setembro.

  • Programa de contratación en practicas de mozos e mozas con titulacións de difícil empregabilidade. Prazo: 15 de setembro.

  • Programa de creación de novos empregos para mozos e mozas titulados en empresas de menos de 30 traballadores. Prazo: 15 setembro 2009.

  • Programa de contratación indefinida inicial de mozos e mozas desempregados. Prazo: 15 setembro.

  • Programa de incentivos á transformación en indefinidos dos contratos temporais celebrados con mozos e mozas. Prazo: 15 de setembro.

  • Incentivos a contratación indefinida de persoas con discapacidade. Prazo: 15 de setembro; prazo extraordinario: 30 de marzo.

  • Programas de incentivos a plans emrpesariais de estabilidade laboral. Prazo: 30 de xuño.

Pode consultar máis información acudindo á Consellería de Traballo.

 

Subcategorías