ARRANCA O CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE NO CONCELLO DE ROIS

Luns, 06 Febreiro 2017 17:38

O curso ten unha duración de 200 horas teóricas e 150 horas prácticas, a desenvolver conxuntamente no concello e está subvencionado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e polo propio Concello de Rois

O pasado venres 3 de febreiro, o alcalde do Concello de Rois Ramón Tojo, presentou en compañía do equipo docente da Escola de Tempo Libre Devagar, o curso de monitor de tempo libre, curso que se vai desenvolver na súa fase teórica ata comezos de maio, en horario de venres de 16 a 21h e sábados de 9 a 14 e de 16 a 20h, ata completar as 200 horas.

curso de monitor de tempo libre en rois 5

Ler máis: ARRANCA O CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE NO CONCELLO DE ROIS

 

EXCURSIÓN Á NEVE 2017

Venres, 20 Xaneiro 2017 20:22

excursion a neve 2017

 

ÚLTIMAS PRAZAS PARA INSCRIBIRSE NO CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE EN ROIS

Mércores, 04 Xaneiro 2017 20:33

Ampliamos o prazo ata o vindeiro luns 16 de xaneiro. Só tes que ser maior de idade para realizalo! Non perdas esta oportunidade

   

TARDE INESQUECIBLE EN ROIS COA FAMILIA BOLECHAS

Venres, 30 Decembro 2016 15:16

Moitísimas familias achegáronse ao polideportivo de Rois a recibir a familia Bolechas cos brazos ben abertos e a ilusión na mirada, para facer desta unha tarde inesquecible nos pequenos e pequenas.

img 20161228 183008

   

AVISO

Martes, 27 Decembro 2016 16:08

Dende o Distrito Forestal IV de Noia avísannos que o xoves 29 de decembro e o xoves 5 de xaneiro non se van dar permisos de corta no Concello de Rois.

As persoas que o necesiten deben dirixirse á oficina do Distrito Forestal IV de Noia (Rúa Pintor Xenaro Carrero 15, baixo).

Máis información no teléfono 881.867.255.

   

CHIOS - TEATRO DA SEMENTE

Mércores, 07 Decembro 2016 17:50

PARA FAMILIAS DE NENOS E NENAS DE 0 A 3 ANOS, NON O PERDADES! A CITA, VENRES 16 ÁS 6 DA TARDE NO AUDITORIO MUNICIPAL DE ROIS

cartel chios

Dúas nenas xogan nun xardín de madeira onde todo é un bosque de sons e sensacións. Dous paxaros pequeniños chían para descubrir o mundo a través do xogo e das cancións.

Ler máis: CHIOS - TEATRO DA SEMENTE

   

APROL RURAL 2016

Última actualización o Mércores, 30 Novembro 2016 17:40 Xoves, 10 Novembro 2016 00:00

   

Páxina 3 de 34