ESTRATEXIA DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL COA FINALIDADE DE INTEGRAR A ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO NA XESTIÓN E PLANIFICACIÓN DOS CONCELLOS DE DODRO E ROIS

Xoves, 17 Novembro 2016 19:26

Existe unha certeza dentro da comunidade científica sobre a existencia dunha modificación nos patróns “normais” do comportamento da atmosfera. Esta preocupación está avalada por diversos proxectos e programas que investigan sobre a evolución futura de determinadas variables meteorolóxicas e cómo afectarán estas modificacións na sociedade.

A nivel mundial, o IPCC (Panel Intergubernamental ante o Cambio Climático), dispón de estudos nesta orde, o MAGRAMA (Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente) pola súa banda tamén dispón dunha avaliación dos escenarios futuros das variables climáticas, temperatura e precipitación.

Ler máis: ESTRATEXIA DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL COA FINALIDADE DE INTEGRAR A ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO NA XESTIÓN E PLANIFICACIÓN DOS CONCELLOS DE DODRO E ROIS

 

Irmandade entre os municipios de Pásztó (Hungría) e Rois

Martes, 15 Novembro 2016 17:22

O 23 de outubro de 2016 tivo lugar a sinatura da irmandade entre os municipios de Pásztó, en Hungría, e Rois. Esta acción encádrase no proxecto europeo “Multicultural Society and Integration Policies in Europe” que forma parte do programa “Europe for Citizens”.

Ler máis: Irmandade entre os municipios de Pásztó (Hungría) e Rois

 

AVISO DE CORTE ESTRADA

Venres, 11 Novembro 2016 19:53

CORTE DE ESTRADA O 14 DE NOVEMBRO ENTRE OS PUNTOS KILOMÉTRICOS 1+950 E 3+500 AO SEU PASO POLO CONCELLO DE ROIS

corte estrada 1

   

PROXECTOS PARA A MELLORA DA EFICACIA ENERXÉTICA DAS INSTALACIONS DE ILUMINACION PUBLICA EXTERIOR DEPENDENTES DE CONCELLOS

Mércores, 09 Novembro 2016 18:12

cartel pdr2014 2020 cas

   

LUPPO - Cambio de data

Sábado, 29 Outubro 2016 15:51

luppo doc

CAMBIO DE DATA!!!

Sábado 5 de novembro ás 19.00h

AUDITORIO MUNICIPAL DE ROIS

Luppo é un home maior que vive só e todos os días, ás doce en punto do mediodía, acende o seu gramófono e escoita ópera. Sempre a mesma canción.

Ten un amigo, Tulún, un neno que tamén todos os días lle leva o pan, as especias e o xornal. E todos os días Luppo lle relata unha historia da súa vida a Tulún. Unha mañá Tulún chega coa compra e Luppo non está...

Ler máis: LUPPO - Cambio de data

   

V Liga de Fútbol Sala - Terras de Iria

Luns, 24 Outubro 2016 18:53

cartel liga futbol sala

   

FOUCELLAS

Xoves, 20 Outubro 2016 22:33

Talía Teatro presenta “Foucellas” o vindeiro sábado 22 de outubro ás 20.00h no auditorio municipal de Rois.

A obra está dirixida por Cándido Pazó e conta no seu elenco con grandes profesionais das artes escénicas. cartel foucellas mail

Despois de ‘A secreta obscenidade de cada día’ (1996), ‘Xustiza infinita’ (2002), ‘Bicos con lingua’(2003), ‘A paz do crepúsculo’, ‘E ti quen vés sendo’ (2008) e ‘Demolición’ (2015), Cándido Pazó preséntanos unha nova proposta feita a medida para Talía Teatro arredor a figura de Foucellas, unha idea que Talía tiña no caixón desde hai máis de quince anos. Cándido Pazó utiliza a figura real de Benigno Andrade e a lenda do Foucellas para afondar non sobre aquel momento histórico, nin sequera sobre o personaxe concreto, senón que aproveita a figura histórica de Foucellas para reflexionar sobre a xestión da esperanza e a administración da derrota, “aínda cando un sabe que a súa causa está esgotada”. Este espectáculo conta coa axuda a produción da Axencia Galega das Artes Escénicas e Musicais.

Ler máis: FOUCELLAS

   

Páxina 5 de 35