Situación e Mapa do Concello

Atención, ábrese nunha nova fiestra. Imprimir

O Concello de Rois, atópase no sudoeste da provincia da Coruña, entre ás áreas xeográficas definidas pola Mahía e o baixo Ulla, baixando as terras a esta última comarca enclavada no val que forma a canle do río Sar e os seus afluentes.
O Concello de Rois conta cunha extensión de 92,8 km2 polo que estamos a falar dun Concello de tamaño medio cunha extensión moi preto da media aritmética da superficie dos 315 concellos galegos. Conta cunha posición xeográfica situada entre os 42º 41´ e 42º 51´ de lonxitude e os 4º 56' e os 5º 7' de latitude, linda ao norte co Concello de Brion, ó sur cos de Dodro e Rianxo, ó leste cos de Padrón e Teo e ó oeste, co de Lousame. Excepto polo sudoeste, onde se xunta coa Mahía, todo o Concello de Rois está delimitado por montes, como o de San Xusto ou da Luaña, Baleirón, Formarís, Treito ou da Muralla, que a poucos metros da liña divisoria entre Lousame, Rianxo, Dodro e Rois, chegan aos 670 metros de altitude. No centro do Concello está localizado o Val de Quintáns, sulcado na súa superficie polo río Rois e os múltiples regueiros que el recolle. Pode consultar aquí o listado completo de lugares e parroquias que compoñen o noso termo municipal.

Prema no cadrante de interese ou ben aquí para ver o mapa íntegro

Mapa - Seleccion

O relevo de Rois destaca sobre todo por ser unha zona onde se alternan continuamente vales e montes de moderada altitude. Neste sentido, a altitude na que se asentan os seus núcleos poboacionaids oscila entre os 15 e os 400 metros sobre o nivel do mar.

Básicamente pódense diferenciar dúas partes no termo municipal: na cara oriental emprázanse a meirande parte dos vales e as altitudes que non superan os 250 m. agás os montes do Valeirón. Na parte occidental, ou metade oeste, a altitude media supera os 300 metros e aparecen cumios que superan os 500 metros.

O territorio aparece sucado por múltiples ríos e regatos, en xeral de percorrido curto e limitado caudal. O concello sitúase na cunca atlántica entre os álveos dos ríos Tambre e Ulla e conta con tres ríos principais. O Sar atravesa a parroquia de Ribasar, situada na vertente máis oriental de Rois para despois formar durante máis de 6 km. A fronteira co concello de Padrón. A este río vértelle as súas augas o Río Tinto e o Rego de Rubial, situados tamén na parte máis ó leste do concello.

Os outros dous ríos importantes son o Rois, situado no sur, e o Liñares, que fai o seu percorrido en dirección norte-sur para rematar vertendo as súas augas no propio río Rois.

No norte, lindando con Brión, está o álveo coñecido como Rego de Muíños, mentres que no oeste atópanse os regatos Moares e Manle e os ríos Treito e Sóñora, estes xa máis cara o sur.
Rois está situado dentro do dominio climático oceánico hiperhúmedo; na chamada plataforma occidental do clima do interior, caracterizada por abundantes e intensas precipitacións e cunhas temperaturas frescas polo xeral. De feito, conta cunha temperatura media anual duns 13 º C e recibe unha media de entre 1.500 e 2.000 litros/m2.

COMO CHEGAR
Para non perderse nos camiños, nada mellor que consultar que consultar a relacion da nosa rede viaria ou mesmo o mapa dinámico de situación.

Transportes
Na actualidade hai tres empresas que contan con liñas de pasaxeiros que fan o seu percorrido en parte polo concello de Rois.

CASTROMIL, S.A. é a empresa de maior tamaño das que teñen liñas dentro de Rois. Os seus percorridos transcorren case exclusivamente pola estrada C-543 que une Santiado de Compostela e Noia, con paradas en Urdilde e Martelo.

Tamén ten outras dúas liñas que transcorren pola estrada AC-301 entre Padrón e Noia. Estas liñas unen o concello coas localidades de Pontevedra e Vigo, con paradas en Augasantas e Rois.

VIAJES ROIS, S.L., Esta empresa ten actualmente tres liñas en funcionamento dentro do concello, dúas das cales úneno con Santiago e outra vía e outras localidades diferentes aos servizos de Castromil. Ten outra liña con Padrón.

HERMANOS FERRÍN, S.L., A última das empresas que teñen servicio público de pasaxeiros no concello fai os seus percorridos a través da estrada AC- 301 que une as localidades de Padrón e Noia.

 

VEXA A LOCALIZACIÓN DO CONCELLO DENDE O SEU SMARTPHONE: