Atención, ábrese nunha nova fiestra. Imprimir

ramontojolens

A miña sincera benvida á páxina web do Concello de Rois, unha fiestra para amosar ao mundo a nosa realidade municipal.

E digo fiestra, porque a través das xanelas que configuran esta páxina, damos a coñecer o noso concello a través de diferentes vertentes: a localización e a historia de Rois, as súas parroquias, aldeas, equipamentos, así como información relativa á organización política e administrativa.

Pero ademáis, poderemos atopar outra información útil relativa ás diferentes áreas que conforman o funcionamento do concello: cultura, educación, deportes, mocidade, servizos sociais, emprego, obras e urbanismo, tesourería…

Con esta páxina queremos contribuír a situar este municipio na vangarda das novas tecnoloxías e achegar no menor tempo posible as novas da nosa terra e da nosa xente a toda a veciñanza. En definitiva, un paso adiante para Rois.

Sen máis, recibe un cordial saúdo.

Ramón Tojo Lens

Alcalde do Concello de Rois