Irmandade entre os municipios de Pásztó (Hungría) e Rois

Atención, ábrese nunha nova fiestra. Imprimir

O 23 de outubro de 2016 tivo lugar a sinatura da irmandade entre os municipios de Pásztó, en Hungría, e Rois. Esta acción encádrase no proxecto europeo “Multicultural Society and Integration Policies in Europe” que forma parte do programa “Europe for Citizens”.

Esta unión de concellos vai da man dun intercambio de información e experiencias que pretende sacar adiante proxectos de diversa índole: cultural, deportiva, económica etc. En definitva, trátase de abrir novas oportunidades para ambas as dúas poboacións.
Na imaxe pódese ver o momento da firma por parte dos alcaldes de Pásztó e de Rois, Dömsödi Gábor e Ramón Tojo Lens.

paszto 03

paszto 02

paszto 01